Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
XORNADA INFORMATIVA SOBRE AS AXUDAS LEADER 2026
19/02/2026O Concello de Outes xunto co GDR Deloa organiza unha xornada informativa sobre as axudas Leader 2026. Contaremos coa presenza do equipo técnico do GDR Deloa e coa Asociación Adisbismur e o Restaurante O Secadeiro, que foron beneficiarios destas axudas. Se tes un proxecto emprendedor, es unha empresa que precisa facer un investimento ou es unha asociación, podes acceder a estas axudas.
Será o vindeiro mércores 25 de febreiro ás 18:00 horas no Centro Social de Outes.
Inscricións no enderezo electrónico carlos.rodriguez@outes.gal ou mandando un WhatsApp ao teléfono 652 874 291.
Ao final da xornada organizaremos un pequeno aperitivo no que poderedes compartir dúbidas ou consultas persoalmente cos técnicos/as e con beneficiarios destas axudas noutros anos.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2026/2027
19/02/2026O Concello de Outes publica o procedemento de renovación, novo ingreso, admisión e matrícula de persoas usuarias da Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes para o curso 2026/2027.
ACTUALIZACION: ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS
11/02/2026A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa que o fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA por COSTEIROS, que está a afectar á toda a costa de Galicia continuará ao longo de todo o día 11/02/2026, acadando nivel VERMELLO en Coruña (Noroeste) a finais do citado día.
Dende o Concello facemos un chamamento á veciñanza para que extreme as precaucións á hora dos seus desprazamentos e en zonas expostas.

CURSOS CELGA EN LIÑA E PRESENCIAIS
11/02/2026O Concello de Outes informa que a Secretaría Xeral da Lingua vén de anunciar a convocatoria, con carácter gratuíto, de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 2, 3 e 4.
Haberá cursos presenciais e cursos en liña.
Máis información en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260211/AnuncioG0766-040226-0001_gl.html
ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA
11/02/2026A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA POR VENTOS, que afectará ao NOROESTE DA CORUÑA e A MARIÑA DE LUGO LUGO desde a media mañá do día 11/02/2026, podéndose acadar refachos de ata 100 km/h. Ademais suspéndense todas as actividades escolares no exterior

TEMPO DE ENTROIDO 2026. OUTES CONCILIA: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS-OS
05/02/2026O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidas/os no servizo Tempo de Entroido 2026 do Programa Outes Concilia.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA
26/01/2026O Concello de Outes publica a listaxe de admitidos/as e actualización da listaxe de agarda logo de rematado o 2º prazo extraordinario para solicitudes de novo ingreso na Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes para o curso 2025/2026.
APRAZADO TRAIL E ANDAINA DE OUTES
24/01/2026En función do último aviso da Xunta de Galicia, elevando a nivel VERMELLO a alerta por temporal, vémonos na obriga e responsabilidade de aplazar o TRAIL E ANDAINA DE OUTES 2026
Tal e como se recolle no regulamento da proba trasládase para o vindeiro domingo día 1 de febreiro, no mesmo horario e formato.
Dende Arousa NeO, Clube de Atletismo Outes, Sachacamiños, Concello de Outes e Protección Civil, voltaremos a poñer as mellores ganas e intención en que todo saia perfecto e podades disfrutar do monte con garantías de seguridade.
Mil gracias pola vosa comprensión.

ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS
24/01/2026A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa que o fenómeno meteorolóxico adverso por COSTEIROS nivel laranxa que afectaba ás costas de PONTEVEDRA e CORUÑA pasa a nivel VERMELLO a partir do medio día do 24/01/2026.
Espérase mar combinado do Noroeste de 8 a 9 metros e vento do Oeste/Suroeste forza 7.

SUSPENSION DA ACTIVIDADE ESCOLAR NO EXTERIOR NA XORNADA DO 23/01/2026
22/01/2026A SUSPENSION da actividades no exterior na xoranda do 23 de xaneiro do 2026 en Coruña (Noroeste, Oeste e Suroeste), Lugo (A Mariña) e Pontevedra (Rias Baixas e Miño) segundo o Anexo II.
ACTUALIZACION: ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS
22/01/2026A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 23/71GAL emitido o día de hoxe,
que o fenómeno meteorolóxico adverso por COSTEIROS NIVEL VERMELLO afectará a partir das
00:00 horas do día 23/01/2026 a todo o litoral de A Coruña e Pontevedra, con ventos que poden
acadar forza 10 e ondas de ata 9 metros. O litoral de Lugo se manterá en nivel LARANXA, con
ventos de forza 8 e ondas de ata 8 metros.
Se mantén para o día de hoxe todo o litoral de Galicia en nivel laranxa con ventos que poderán
acadar forza 9 e ondas de ata 8 metros
ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS
21/01/2026A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meeorolóxico adverso por COSTEIROS NIVEL VERMELLO que afectará a toda a costa de A CORUÑA desde última hora da tarde de hoxe (Mar
combinado do noroeste de 8 a 9m. Vento do noroeste forza 7). Asemade informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por COSTEIROS NIVEL LARANXA en: A CORUÑA ata última hora de tarde de hoxe.
Ver Cartel

ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS
20/01/2026A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por COSTEIROS durante o día de hoxe. A previsión avanzada eleva a alerta a NIVEL VERMELLO no litoral de A Coruña (Noroeste e Oeste) a partir das 21:00 h de mañán con mar combinada de 8 a 9 m, ventos do Noroeste de 50 a 61 Km (Forza /) e NIVEL LARANXA para o resto do litoral.

PARTICIPANTES PREMIADOS/AS DOS CONCURSOS “NADAL EN OUTES”
16/01/2026O xoves 15 de xaneiro entregáronse os premios dos concursos de postais e decoración de Nadal.
BANDO: AMPLIACIÓN DE HORARIO POLAS NOITES DE FIN DE ANO E REIS
31/12/2025O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, en todo o termo municipal, durante as noites do 31 de decembro ao 1 de xaneiro de 2026 e do 5 ao 6 de xaneiro de 2026.
Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria con motivo da celebración da festa, serán aqueles que conten con licenza municipal para actividade de hostalaría.
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE AUGAS DE GALICIA E O CONCELLO DE OUTES
22/12/2025O alacalde de Outes Francisco Calo asinou un convenio con Augas de Galicia para a renovación dos bombeos de augas residuais e para a mellora do sistema de filtrado da ETAP de Roo por un valor de 66.414,49 €

TEMPO DE NADAL 2025-2026. OUTES CONCILIA. LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDAS-OS
19/12/2025O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de admitidas/os no servizo Tempo de Nadal 2025-2026 do Programa Outes Concilia
ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA
17/12/2025A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por COSTEIROS, que afectará a todo o LITORAL DE GALICIA para as xornadas de mañá xoves 18 e o venres 19 de decembro. Prevéndose que de comezo no litoral de A CORUÑA na madrugada do xoves 18
SERVIZO DE RENOVACIÓN DE DNI E PASAPORTE
12/12/2025Este Concello, en colaboración coa Policía Nacional, participa na posta en funcionamento do Vehículo Integral de Documentación. A través deste servizo facilítase a expedición e renovación do Documento Nacional de Identidade así como do pasaporte no noso Concello durante o ano 2026, previa inscrición presencial ou por vía telefónica nas oficinas municipais do Concello de Outes (981850003).
BASES SORTEO FEIRA DE NADAL
12/12/2025O Concello de Outes publica as bases do sorteo que se levará a cabo na Feira de Nadal.
TEMPO DE NADAL 2025-2026. OUTES CONCILIA. LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDAS-OS
11/12/2025O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidas/os no servizo Tempo de Nadal 2025-2026 do Programa Outes Concilia.
BANDO: AMPLIACIÓN DE HORARIO POLOS EVENTOS DE NADAL E A FESTA DA INMACULADA CONCEPCIÓN EN CAMBEIRO
05/12/2025O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, en todo o termo municipal durante as noites do 5 ao 6, 6 ao 7, 7 ao 8 e 8 ao 9 de decembro de 2025.
Os establecementos que se acollan á ampliación horaria con motivo da celebración das festas, serán aqueles que conten con licenza municipal para actividade de hostalaría.
BANDO: AMPLIACIÓN DE HORARIO POLA FESTA DE SAN MIGUEL EN VALADARES
21/11/2025O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, na parroquia de San Miguel de Valadares durante a noite do 22 ao 23 de novembro de 2025.
Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria con motivo da celebración da festa, serán aqueles que conten con licenza municipal para actividade de hostalaría.
BANDO: AMPLIACIÓN DE HORARIO POLA FESTA DO SAMAÍN
31/10/2025O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, en todo o termo municipal, durante as noites do 31 de outubro de 2025 ao 2 de novembro de 2025.
Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria con motivo da celebración da festa, serán aqueles que consten con licenza municipal para actividade de hostalaría.
SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS NO MARCO DA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ NOS ANOS 2024 A 2026, COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA NO MARCO DO PROGRAMA FSE+2021-2027
31/10/2025Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea.

MELLORA ENERXÉTICA DO CENTRO SOCIAL DA SERRA DE OUTES
29/10/2025A Consellería de Presidencia , Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, financia cun importe de 104.168,48 €, as actuación para a “Mellora enerxética do Centro Social da Serra de Outes”, na que se recollen as seguintes actuacións:
-
Mellora da envolvente térmica
-
Instalacións de sistemas de iluminación interior eficiente
-
Melloras dos sistemas de climatización e calefacción
Estas actuacións están cofinanciadas pola UNIÓN EUROPEA.

III GALA DO DEPORTE: BASES
14/10/2025O Concello de Outes convoca a III Gala do Deporte, que ten por obxectivo principal recoñecer e premiar publicamente a labor de persoas e entidades que desenvolvan a súa actividade no Concello de Outes e que destaquen dalgunha maneira pola súa traxectoria deportiva, logros ou contribución ao fomento deportivo do noso concello.
SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE
10/10/2025O Concello de Outes foi beneficiario dunha subvención solicitada ao abeiro da Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento SI436A. Plan Corresponsables).
Axuda destinada ao desenvolvemento do Programa "Outes Concilia" que comprendeu os seguintes servizos de conciliación: meses de outubro do ano 2024 a xuño do ano 2025 do servizo de Madrugadores curso escolar 2024-2025, Tempo de Nadal 2024-2025, Tempo de Entroido 2025, Tempo de Pascua 2025, Campamento de verán 2025 e o servizo do mes de setembro de Madrugadores curso escolar 2025-2026.
Programa cofinanciado polo Plan Corresponsables, Ministerio de Igualdad, Gobierno de España e pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

CURSOS OFICIAIS EN COMPETENCIAS DIXITAIS
03/10/2025Cursos oficiais en competencias dixitais, totalmente gratuítos.
Requisitos de participación
- Ter 16 anos ou máis.
- Estar rexistrado/a como demandante de emprego ou en mellora de emprego no SEPE.
- Non se esixen estudos previos.
Módulos formativos:
- Procura e xestión da información dixital (49 horas)
- Creación de contidos dixitais (49 horas)
- Comunicación e colaboración con ferramentas dixitais (49 horas)
- Resolución de problemas na contorna dixital (49 horas)
- Seguridade e civismo na contorna dixital (49 horas)
CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE OUTES PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025 E 2026
03/10/2025A Consellería do Medio Rural, promove a colaboración económica para o cofinanciamento no marco do convenio para a loita contra os incendios forestais anos 2025 e 2026, coas seguintes actuacións:
- Actuacións de defensa contra incendios forestais mediante vehículos motobomba de propiedade municipal, cunha axuda máxima de 5.000,00 €/mes/motobomba.
- Actuacións de prevención e defensa contra incendios forestais a realizar polas brigadas contra os incendios forestais, cunha axuda máxima de 40.000,00 €/ano por brigada.
- Realización de tratamentos preventivos mecanizados (fondo Feader), cunha axuda máxima de 350/€ hectárea.

BANDO: AMPLIACIÓN DE HORARIO POLAS FESTAS DO SAN CAMPIO EN SANTO OURENTE E SAN MIGUEL EN SAN MIGUEL DE VALADARES
25/09/2025O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, nas parroquias de Santo Ourente, durante as noites do 27 a 29 de setembro de 2025 e San Miguel de Valadares durante a noite do 27 ao 28 de setembro de 2025.
Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria con motivo da celebración das festas, serán aqueles que consten con licenza municipal para actividade de hostalaría.
PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CELGA
12/09/2025O Concello de Outes informa da segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2025.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro de 2025 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid.
As datas concretas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e na
páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será dende o día 15 de setembro ata o 6 de outubro.
Máis información: barbara.carballo@outes.gal
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA
10/09/2025O Concello de Outes publica a listaxe de admitidos/as e actualización da listaxe de agarda logo de rematado o 1º prazo extraordinario para solicitudes de novo ingreso na Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes para o curso 2025/2026.
AXUDAS A DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DO CONCELLO DE OUTES
10/09/2025O Concello de Outes informa que xa se poden solicitar as axudas a deportistas do concello 2025.
MADRUGADORES 2025-26: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDAS/OS
09/09/2025O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de admitidas/os no servizo de Madrugadores, curso escolar 2025-2026 do Programa Outes Concilia.
BANDO: AMPLIACIÓN DE HORARIO POLAS FESTAS DO CARME DO FREIXO, O SACRAMENTO DE CUNS E O SOCORRO DE MIRÁS
05/09/2025O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, nas parroquias de San Xoán de Sabardes e San Tirso de Cando, durante a noite do 6 de setembro a 7 de setembro de 2025 e San Pedro de Outes durante a noite do 7 de setembro a 8 de setembro de 2025.
Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria con motivo da celebración das festas, serán aqueles que consten con licenza municipal para actividade de hostalaría.
AXUDA DO INEGA
01/09/2025O Concello de Outes foi beneficiario dunha axuda do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) para a realización de proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.
A intensidade da axuda é do 60% do importe total.

MADRUGADORES 2025-26: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS/OS
29/08/2025O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidas/os no servizo de Madrugadores, curso escolar 2025-2026 do Programa Outes Concilia.
PROXECTO EUREBIRTH
22/08/2025Primeiro evento transnacional do proxecto EURebirth
Entre o 23 e o 24 de marzo de 2023, Outes converteuse no punto de encontro do primeiro evento transnacional do proxecto europeo EURebirth, centrado nos efectos da pandemia da Covid-19 nas comunidades locais e nas estratexias para renacer tras os seus impactos. O proxecto EURebirth está coordinado polo municipio de Capizzone (Italia) e conta cos seguintes socios: Concello de Alzano Lombardo (Italia), Concello de Outes (España), Concello de Ludbreg (Croacia), Concello de Kostrzyn (Polonia), Concello de Vrgorac (Croacia) e Concello de Alba Iulia (Romanía).
O evento incluíu unha conferencia sobre os efectos da pandemia, visitas de estudo a iniciativas exemplares de turismo sostible e patrimonio local, un panel de grupos de traballo e a primeira reunión transnacional de coordinación do proxecto.
Ver documento completo en español
Ver documento completo en inglés
Noveno evento internacional do proxecto EURebirth
Entre o 19 e o 20 de setembro de 2024, Outes converteuse en sede do noveno evento transnacional do proxecto europeo EURebirth, dedicado á mellora da rexeneración urbana a través da participación cidadá e as boas prácticas sostibles. O proxecto EURebirth está coordinado polo municipio de Capizzone (Italia) e conta cos seguintes socios: Concello de Alzano Lombardo (Italia), Concello de Outes (España), Concello de Ludbreg (Croacia), Concello de Kostrzyn (Polonia), Concello de Vrgorac (Croacia) e Concello de Alba Iulia (Romanía).
O evento incluíu unha visita ás iniciativas de rexeneración na ribeira do río Tins e unha actividade de voluntariado en colaboración coa Fundación Montescola, a décima reunión transnacional de coordinación do proxecto, unha visita institucional ao Concello de Porto do Son, a conferencia “Mellorar a rexeneración urbana” e un taller participativo para deseñar un xogo orientado á implicación cidadá na renovación urbana.
Ver documento completo en español
Ver documento completo en inglés

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 2025
11/08/2025O Concello de Outes anuncia a convocatoria para a concesión de subvencións para actividades de índole cultural e deportiva de interese público ano 2025. A subvención pódese consultar na
Base de Datos Nacional de Subvencións.
SELECCIÓN DE PERSOAL: CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A SELECCIÓN DE XEFE/A DE BRIGADA, PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E PEÓNS/PEOAS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS CAMPAÑA 2025
11/08/2025O Concello de Outes publica a resolución pola que se constitúe a bolsa de emprego para a brigada de prevención e extinción de incendios nos postos de xefe/a de brigada peón/peoa condutor/a e peóns/peoas.
SELECCIÓN DE PERSOAL: CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A SELECCIÓN DE XEFE/A DE BRIGADA, PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E PEÓNS/PEOAS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS CAMPAÑA 2025
11/08/2025O Concello de Outes publica a acta da fase de oposición, fase de concurso e resolución da segunda convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para a selección de xefe/a de brigada e peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de incendios.
SELECCIÓN DE PERSOAL: CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A SELECCIÓN DE XEFE/A DE BRIGADA, PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E PEÓNS/PEOAS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS CAMPAÑA 2025
01/08/2025O Concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos para a selección dunha bolsa de emprego para a brigada de incendios forestais para os postos de xefe/a de brigada e peón/peoa.
Os aspirantes deberán presentarse o vindeiro luns, día 4 de agosto, ás 9:30 horas, na Casa de Cultura do Concello de Outes (Avenida de San Campio, nº1 da Serra de Outes) para a realización da proba física.
BRIGADA AMBIENTAL OUTES-MAZARICOS: LISTA DE ASPIRANTES ADMITIDOS
24/07/2025O Concello de Outes publica a acta da proba práctica, fase de concurso e resolución da convocatoria do proceso de selección para a contratación da Brigada Ambiental de conservación de rutas por espazos naturais, executada pola agrupación de Concellos Outes_Mazaricos.
PUNTUACIÓN FINAL DO PROCESO DE SELECCIÓN DUN AXENTE DE IGUALDADE
21/07/2025Mediante a presente, procédese á publicación do Acordo do Tribunal de Selección de data 15 de xullo do 2025 relativo ao proceso selectivo para a cobertura dunha praza de Axente de Igualdade do Concello de Outes.
A aspirante que obtivo a mellor puntuación, Dª XIOMARA LAZO FUENTES é proposta para a contratación polo que deberá presentar, no prazo improrrogable de tres días hábiles, a seguinte documentación:
- Certificado médico ou informe de saúde que acredite non padecer enfermidade ou limitación física ou psíquica que impida o normal desenvolvemento das tarefas correspondentes ao posto ofertado.
- Declaración xurada de non ter sido separada mediante expediente disciplinario do servizo do Estado, Comunidades Autónomas ou Entidades Locais, nin atoparse inhabilitada para o exercicio de funcións públicas.
De non presentar a documentación requirida no prazo indicado, entenderase que renuncia ao posto, procedéndose conforme ás bases do proceso selectivo.
BRIGADA AMBIENTAL OUTES-MAZARICOS: LISTA DE ASPIRANTES ADMITIDOS
17/07/2025O Concello de Outes publica a lista definitiva de aspirantes admitidos para a contratación da Brigada Ambiental de conservación de rutas por espazos naturais, executada pola agrupación de Concellos Outes_Mazaricos.
BRIGADA INCENDIOS FORESTAIS 2025
16/07/2025O Concello de Outes publica a acta da fase de oposición, fase de concurso e resolución da convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para a brigada de incendios forestais.
BRIGADA INCENDIOS FORESTAIS 2025
14/07/2025O Concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos para a selección dunha bolsa de emprego para a brigada de incendios forestais.
Os aspirantes deberán presentarse o vindeiro martes, día 15 de xullo, ás 9:00 horas, na Casa de Cultura do Concello de Outes (Avenida de San Campio, nº1 da Serra de Outes) para a realización da proba física.
SELECCIÓN DUN TRACTORISTA PARA A BRIGADA FORESTAL (APROL RURAL 2025)
11/07/2025O Concello de Outes publica a acta co desenvolvemento dos exercicios e a resolución da convocatoria para a selección dun tractorista ao abeiro do programa APROL RURAL 2025.
SELECCIÓN DE AXENTE DE IGUALDADE - ANUNCIO PUNTUACIÓNS DA PROBA ESCRITA
11/07/2025Por medio da presente procédese á publicación do Acordo do Tribunal de selección polo que se aproba a puntuación do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso de selección dunha Axente de Igualdade, consistente na resolución dun suposto teórico-práctico.
Para garantir a transparencia do proceso selectivo, faise pública a relación de respostas correctas correspondentes á primeira parte (exame tipo test) e os criterios de corrección da segunda parte (suposto práctico), como Anexo ao presente Anuncio.
SELECCIÓN DUN TRACTORISTA PARA A BRIGADA FORESTAL (APROL RURAL 2025)
08/07/2025O Concello de Outes publica a resolución coa lista de admitidos para a selección dun tractorista ao abeiro do programa APROL RURAL 2025.
SELECCIÓN DE PERSOAL: CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A SELECCIÓN DE XEFE/A DE BRIGADA, PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E PEÓNS/PEOAS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS CAMPAÑA 2025
04/07/2025O concello de Outes publica as bases da convocatoria da bolsa de emprego para a selección de xefe/a de brigada, peón/peoa condutor/a e peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de incendios para a campaña 2025.
As persoas candidatas serán remitidas polo Servizo Público de Emprego previa solicitude mediante a formulación da correspondente oferta de emprego por parte do Concello de Outes. Dita solicitude realizarase na oficina de Emprego Santiago-Norte o día seguinte á publicación desta bases no Boletín Oficial da Provincia.
SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 2 PEÓNS/PEOAS FORESTAIS E 1 TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL
30/06/2025O Concello de Outes publica as actas coas cualificación dos aspirantes as prazas de 2 peóns/peoas forestais e máis un tractorista ao abeiro do programa APROL RURAL 2025.
RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS Ó PROCESO DE SELECCIÓN DE AXENTE DE IGUALDADE
30/06/2025Logo de aprobarse por Resolución de Alcaldía de data 23 de xuño do 2025 a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso de selección dun Axente de Igualdade do Concello de Outes, procédese a súa publicación a efectos do seu xeral coñecemento polas persoas interesadas.
Convócase ás aspirantes o vindeiro mércores, 9 de xullo do 2025 ás 10:00 horas, na planta baixa da Casa da Cultura de Outes (Avda. San Campio, 1, da Serra de Outes) para a realización da proba escrita. Dita proba desenvolverase segundo se detalla na base sétima da convocatoria.
SELECCIÓN DE PERSOAL: CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE 2 PEÓNS/PEOAS FORESTAIS E 1 TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL
23/06/2025O concello de Outes publica as listas definitivas de admitidos ao proceso selectivo para a selección de 2 peóns/peoas forestais e máis un tractorista ao abeiro do programa APROL RURAL 2025.
CAMPAMENTO DE VERÁN 2025 DO PROGRAMA “OUTES CONCILIA”: LISTAS DEFINITIVAS
19/06/2025O Concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos/as e lista de agarda no Campamento de Verán 2025 do Programa “Outes Concilia”.
CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS (CAMPAÑA VERÁN 2025)
18/06/2025O Concello de Outes publica a ACTA COS RESULTADOS DA PROBA PRÁCTICA DE COÑECEMENTO DE GALEGO e a RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA dunha bolsa de emprego para a contratación temporal de socorristas en espazos acuáticos naturais (campaña de verán 2025).
CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS (CAMPAÑA VERÁN 2025)
17/06/2025O Concello de Outes publica a ACTA COS RESULTADOS DA FASE DE OPOSICIÓN, FASE DE CONCURSO E DATA DA PROBA PRÁCTICA DE COÑECEMENTO DE GALEGO na convocatoria dunha bolsa de emprego para a contratación temporal de socorristas en espazos acuáticos naturais (campaña de verán 2025).
CONVOCATORIA DE CURSOS CELGA E CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA
17/06/2025O Concello de Outes informa da convocatoria, con carácter gratuíto, de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga).
Máis información
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/47020
CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS (CAMPAÑA VERÁN 2025)
12/06/2025O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos e a data de realización da proba práctica na convocatoria dunha bolsa de emprego para a contratación temporal de socorristas en espazos acuáticos naturais (campaña de verán 2025).
SELECCIÓN DE PERSOAL: BASES DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE 2 PEÓNS/PEOAS FORESTAIS
11/06/2025O concello de Outes publica as bases do proceso selectivo para a selección de 2 peóns/peoas forestais ao abeiro do programa APROL RURAL 2025.
SELECCIÓN DE PERSOAL: BASES DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE 1 TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL
11/06/2025O concello de Outes publica as bases do proceso selectivo para a selección de 1 tractorista ao abeiro do programa APROL RURAL 2025.
PLAN CAMIÑA RURAL 2025-2026
09/06/2025A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia cofinancia as actuacións que se describen dentro do PLAN CAMIÑA RURAL 2025-2026:
CAMIÑO DE ALBÁN A ALBEIDA E OUTROS
- ORZAMENTO TOTAL: 86.488,38 €
- AXUDA PÚBLICA: 71.478,00 €
As anteditas actuacións contan con financiamento da Unión Europea.

SELECCIÓN DE AXENTE DE IGUALDADE - RELACIÓN PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS
09/06/2025Logo de aprobarse por Resolución da Alcaldía de data 3 de xuño do 2025 a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso de selección dun Axente de Igualdade do Concello de Outes, procédese a súa publicación a efectos do seu xeral coñecemento polas persoas interesadas.
De acordo co establecido na cláusula quinta das Bases reguladoras, concédese un prazo de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial da Provincia para que as aspirantes excluídas poidan emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou formular reclamacións. De non atender o requirimento de subsanación dentro do prazo sinalado, serán excluídas definitivamente do proceso selectivo.
BANDO: CACHARELAS DE SAN XOÁN
06/06/2025O Concello de Outes publica un bando coas normas a seguir para as cacharelas de San Xoán.
As persoas ou asociacións que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello antes das 14:00 horas do día 20 de xuño.
CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS (CAMPAÑA VERÁN 2025)
06/06/2025O Concello de Outes publica a listaxe provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos na convocatoria dunha bolsa de emprego para a contratación temporal de socorristas en espazos acuáticos naturais (campaña de verán 2025).
SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 5 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2025
04/06/2025O Concello de Outes publica a acta da proba práctica de coñecemento de galego e resolución da convocatoria.
SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 5 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2025
29/05/2025O Concello de Outes publica a Acta coas puntuacións da fase oposción (proba teórico-práctica), as puntuacións da fase de concurso (valoración dos méritos) e a data da proba práctica de coñecemento de galego para aqueles aspirantes que non acreditaron estar en posesión do Celga 2.
CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS (CAMPAÑA VERÁN 2025)
23/05/2025O Concello de Outes publica as bases e convocatoria dunha bolsa de emprego para a contratación temporal de socorristas en espazos acuáticos naturais (campaña de verán 2025).
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 5 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2025
21/05/2025O Concello de Outes publica a listaxe DEFINITIVA de admitidos/as e excluídos/as e a data da proba teórico práctica para a contratación de 5 operarios/as de servizos múltiples ao abeiro do plan de emprego local "PEL CONCELLOS 2025".
BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE TRACTORISTA/SERVIZOS MÚLTIPLES PARA O CONCELLO DE OUTES
19/05/2025O Concello de Outes publica a acta da resolución da convocatoria e o decreto de constitución da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de tractorista/servizos múltiples no Concello de Outes.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA
19/05/2025O Concello de Outes publica a listaxe definitiva e prazos de matrícula das solicitudes de usuarios/as admitidos/as logo de rematado o prazo ordinario para solicitudes de novo ingreso na Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes para o curso 2025/2026.
BASES E CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN EN RÉXIME DE INTERINIDADE DE UN POSTO DE AXENTE DE IGUALDADE
19/05/2025Por Resolución de Alcaldía núm. 2025-0289 de data 13/05/2025, aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección en réxime de interinidade dun posto de Axente de Igualdade.
Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica do Concello (http://outes.sedelectronica.gal) e páxina web municipal (www.outes.gal).
SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 5 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2025
15/05/2025O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as para a contratación de 5 operarios/as de servizos múltiples ao abeiro do plan de emprego local "PEL CONCELLOS 2025".
BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE TRACTORISTA/SERVIZOS MÚLTIPLES PARA O CONCELLO DE OUTES
13/05/2025O Concello de Outes publica a acta coas puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición, proba de galego e baremación da fase de concurso para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de tractorista/servizos múltiples no Concello de Outes.
BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE TRACTORISTA/SERVIZOS MÚLTIPLES PARA O CONCELLO DE OUTES
06/05/2025O Concello de Outes publica a acta coas puntuacións do primeiro exercicio da fase de oposición e a data de celebración do segundo exercicio para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de tractorista/servizos múltiples no Concello de Outes.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: REGULAMENTO
06/05/2025Aprobado definitivamente o regulamento da Escola Infantil Municipal de Outes, Anexo I das normas de funcionamento da Escola Infantil Municipal de Outes, por Acordo do Pleno de data 27 de febreiro do 2025.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA
05/05/2025O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidos/as logo de rematado o prazo ordinario para solicitudes de novo ingreso na Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes para o curso 2025/2026.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: PRAZOS EXTRAORDINARIOS DE SOLICITUDES DE NOVO INGRESO
05/05/2025O Concello de Outes publica as prazas libres e as datas dos prazos extraordinarios de solicitudes de novo ingreso na Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes para o curso 2025/2026.
BANDO: AMPLIACIÓN DE HORARIO POLO PAMPALLÍN
25/04/2025O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación, en dúas horas, dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, na Serra de Outes, durante a noite do mércores 30 de abril de 2025.
BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE TRACTORISTA/SERVIZOS MÚLTIPLES PARA O CONCELLO DE OUTES
22/04/2025O Concello de Outes publica a listaxe provisional/definitiva de admitidos/as para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de tractorista/servizos múltiples no Concello de Outes e a data do primeiro exame da fase de oposición.
SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 5 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2025
15/04/2025O concello de Outes informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia do día 15 de abril, das bases e convocatoria que rexerán o proceso selectivo para selección de 5 operarios/as de servizos múltiples ao abeiro do Plan de Emprego da Deputación, PEL CONCELLOS 2025.
O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 16 de abril ata o 02 de maio (ambos incluídos).
A solicitude de inscrición e a información sobre os requisitos de participación e o procedemento de selección poden consultarse nos arquivos adxuntos.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS/OS NO SERVIZO TEMPO DE PASCUA 2025
07/04/2025O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidas/os no servizo Tempo de Pascua 2025, do programa Outes Concilia.
BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE TRACTORISTA/SERVIZOS MÚLTIPLES PARA O CONCELLO DE OUTES
02/04/2025O Concello de Outes publica no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 63, do mércores 2 de abril de 2025 as bases e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de Tractorista/servizos múltiples no concello de Outes.
Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 03/04/2025 ata o 16/04/2025, ambos inclusive.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA
28/03/2025O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de admitidos/as logo de rematado o prazo para solicitudes de renovación na Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes para o curso 2025/2026.
BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DE LIMPEZA PARA O CONCELLO DE OUTES
26/03/2025O Concello de Outes publica a RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA POLA QUE SE CREA A BOLSA DE EMPREGO PARA O POSTO DE LIMPADOR/A no Concello de Outes.
BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DE LIMPEZA PARA O CONCELLO DE OUTES
24/03/2025O Concello de Outes publica a ACTA DE DESENVOLVEMENTO DO EXERCICIO DE GALEGO E RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA para a creación dunha bolsa de emprego para persoal de limpeza do Concello do Outes.
BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DE LIMPEZA PARA O CONCELLO DE OUTES
17/03/2025O Concello de Outes publica a puntuación acadada polos/as aspirantes logo de realizada a proba da fase de oposición e a data de realización da proba práctica de coñecemento do galego para aqueles/as aspirantes que non acreditaron estar en posesión do Celga 2.
BANDO: AMPLIACIÓN DE HORARIO POLAS FESTAS DE ENTROIDO 2025
28/02/2025O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación, en dúas horas dos horarios xerais de apertura de establecementos públicos, en todo o termo municipal, durante as noites do sábado 1 e martes 4 de marzo.
BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DE LIMPEZA PARA O CONCELLO DE OUTES
28/02/2025O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a data da realización da proba da fase de oposición na convocatoria de selección de persoal para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal de limpeza para o Concello de Outes.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA
25/02/2025O Concello de Outes publica o procedemento de renovación, novo ingreso, admisión e matrícula de persoas usuarias da Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes para o curso 2025/2026.
TEMPO DE ENTROIDO: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS
25/02/2025O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidas/os no servizo de conciliación Tempo de Entroido 2025.
BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DE LIMPEZA PARA O CONCELLO DE OUTES
25/02/2025O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as na convocatoria de selección de persoal para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal de limpeza para o Concello de Outes.
BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DE LIMPEZA PARA O CONCELLO DE OUTES
05/02/2025O Concello de Outes publica no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 24, do mércores 5 de febreiro de 2025 as bases e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal de limpeza no concello de Outes.
Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 06/02/2025 ata o 19/02/2025, ambos inclusive.
SUBVENCIÓN “POS+ADICIONAL 1/2024” DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
04/02/2025Grazas a subvención concedida ao Concello de Outes "POS+Adicional 1/2024" da Deputación Provincial da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarias, financiáronse as seguintes actuacións:
- Achega municipal ao servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia.
- Convocatoria de axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade.
- Axudas municipais de emerxencia social.
- Investimentos:
![]() |
![]() |
| Vehículo para o servizo de axuda no fogar municipal | 2 Ordenadores con impresora para os servizos sociais comunitarios municipais |
AMPLIACIÓN DA ACTUAL LISTA DE AGARDA DE ADMITIDAS/OS NO SERVIZO DE MADRUGADORES
13/01/2025O Concello de Outes procede a ampliación da actual lista de agarda de admitidas/os no servizo de conciliación de Madrugadores, curso escolar 2024-2025 á vista do disposto no Artigo 8 e seguintes do Regulamento do Programa "Outes Concilia" así como das solicitudes presentadas fóra de prazo no período comprendido entre o 2/10/2024 e o 10/01/2025.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS/OS NO SERVIZO TEMPO DE NADAL 2024-2025 DO PROGRAMA “OUTES CONCILIA”
19/12/2024O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidos no Servizo Tempo de Nadal 2024-2025, servizo enmarcado dentro do programa Outes Concilia.
Categorías
- anuncio
- Escola Infantil Municipal
- cursos
- Outes Concilia
- Tempo de Entroido
- Bando
- Servizos Sociais
- deportes
- CIM
- SNL
- subvencions
- axudas
- Madrugadores
- Proxecto EURebirth
- subvencións
- oferta de emprego
- Brigada de incendios
- Brigada Ambiental
- Axente de Igualdade
- brigada de incendios
- APROL RURAL 2025
- campamentos
- socorristas
- peón forestal
- tractorista
- PEL
- Tempo de Pascua
- bolsa
- Tempo de Nadal
- POS
- consulta pública
- AGADER
- Aula sostible do Freixo
- técnico/a turismo
- vivenda social
- lixo
- comunicado
- concurso tapas
- madrugadores
- PXOM
- OEP
- Proceso de estabilización de emprego
- RISGA
- técnico medioambiente
- APROL RURAL
- arquitecto técnico
- Pampallín
- Licitación
- SAF
- Entroido
- Resolución
- concesión cafetería
- actividades
- Nadal
- impostos
- SAT
- piscina
- PAI
- bando
- ADL
- formación
- ENIL
- proxecto
- PACES
- cim
- proxecto
- ordenanzas e regulamentos






