Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
DECLARACIÓNS DESFAVORABLES DE IMPACTO AMBIENTAL RELATIVAS AOS PROXECTOS DE PARQUES EÓLICOS QUE AFECTAN AO CONCELLO DE OUTES
20/01/2023A Xunta de Galicia informou desfavorablemente o impacto ambiental dos proxectos de parques eólicos de Maragouto, Sancosmeiro, O Vao e A Vaqueira, que afectaban ao noso concello.
Ver declaración de impacto ambiental do parque eólico Maragouto
Ver declaración de impacto ambiental do parque eólico Sancosmeiro
Ver declaración de impacto ambiental do parque eólico O Vao
Ver declaración de impacto ambiental do parque eólico A Vaqueira
BOLSAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL INFORMÁTICO ANO 2022
17/01/2023O Concello de Outes publica a resolución pola que se amplía o prazo de xustificación das bolsas de material informático, 15 días naturais, sobre o prazo establecido.
MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM PARA CHAN INDUSTRIAL. INFORMACIÓN PÚBLICA
01/12/2022Apertura do período de información pública da modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Outes.
Aprobada inicialmente a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Outes por acordo plenario, no Pleno ordinario do Concello de Outes celebrado o 25.08.2022, procedese á apertura do período de información pública durante dous meses para a presentación das alegacións que se estimen pertinentes.
O expediente, con tódolos documentos que integran o Plan Xeral incluído o estudo ambiental estratéxico, poden descargarse picando no seguinte enlace:
ELECCIÓN DE XUIZ DE PAZ SUBSTITUTO DO CONCELLO DE OUTES
17/11/2022O Concello de Outes publica a convocatoria para a elección de Xuíz de Paz Substituto.
NOTA: Para a xustificación de antecedentes penais bastará cunha declaración xurada.
A PIQUES DE REMATAR A OBRA “MELLORA ENERXÉTICA DE DIVERSOS ALUMEADOS EXTERIORES DO CONCELLO DE OUTES”
12/08/2022En decembro de 2019 o IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía) concedeulle a este noso Concello unha subvención para financiar con fondos europeos o 80% do proxecto de aforro enerxético nos alumeados públicos, un proxecto que ascende a 846.516,30 €.
Nos últimos meses puideron verse os avances da obra que está a piques de rematar, na que o montante principal corresponde á sustitución da maior parte das luminarias do alumeado público do concello por luces led, a modernización de cuadros eléctricos de alumeado público, así como a sustitución das luminarias dos paseos de Pontenafonso e Broña.
![]() |
PROCESO DE INFORMACIÓN PÚBLICA DO PARQUE EÓLICO O VAO
18/07/2022O Concello de Outes informa de que está en proceso de información pública o parque eólico do Vao.
BOLSA DE EMPREGO PERSOAL DE LIMPEZA: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS AO PROCESO DE SELECCIÓN
28/06/2022O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía aprobando a listaxe definitiva de admitidos e data de realización do primeiro exame para o proceso de selección de persoal para unha bolsa de emprego para persoal de limpeza.
BOLSA DE EMPREGO PERSOAL DE LIMPEZA: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS AO PROCESO DE SELECCIÓN
23/06/2022O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía aprobando a listaxe provisional de admitidos ao proceso de selección de persoal para unha bolsa de emprego para persoal de limpeza.
ANUNCIO DE APROBACIÓN DO PADRÓN FISCAL DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO ANO 2022.
14/06/2022A Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión do 7 de xuño de 2022, aprobou o padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano 2022, composto por un total de 5.636 recibos.
INFORMACIÓN PÚBLICA DA SOLICITUDE DE DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DO PROXECTO DO PARQUE EÓLICO BANZAS NOS CONCELLOS DE OUTES, NEGREIRA E MAZARICOS
25/04/2022O Concello de Outes informa que no DOG do 25 de abril se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Banzas, nos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos.
O anuncio pode verse completo no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220425/AnuncioG0596-290322-0005_gl.html
INFORMACIÓN PÚBLICA DA SOLICITUDE DE DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DO PROXECTO DO PARQUE EÓLICO MARAGOUTO NOS CONCELLOS DE OUTES E MAZARICOS
19/04/2022O Concello de Outes informa que no DOG do 19 de abril se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Maragouto, nos concellos de Outes e Mazaricos.
O anuncio pode verse completo no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220419/AnuncioG0596-060422-0001_gl.html
ESTABLECEMENTO DE DIRECCIÓN ÚNICA NAS RÚAS ROSALÍA DE CASTRO E AGRIÑO
17/03/2022O Concello de Outes ten a intención de establecer como vía de dirección única un tramo da rúa Rosalía de Castro e outro da rúa Agriño, ambas na Serra de Outes.
Os interesado/as en realizar algún tipo de consideración ou alegación poderano facer nas oficinas da casa do concello antes do vindeiro 25 marzo.
CENTRO PARA A TRANSFORMACIÓN DO LIXO MARIÑO
11/02/2022O Concello de Outes participa nesta iniciativa subvencionada polo GALP Costa Sostible xunto coa Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros Noia, Asociación A Creba, Asociación de Saúde Mental Misela e o Centro especial de emprego ADISBISMUR.
O principal obxectivo do proxecto é promover o aproveitamento de restos e lixo mariño derivado da actividade pesqueira e a súa reintrodución no sector, xerando dinámicas de economía circular e minorizando o impacto da contaminación nos recursos naturais e entorno mariño e costeiro. Ademais o proxecto diríxese á integración social, contribuíndo á súa vez a reforzar á colaboración entre axentes, ao coidado ambiental e á dinamización económica da zona costeira.
O proxecto implica a transformación social e a defensa dos intereses colectivos e do ben común, apoiando a xeración de redes de traballo colaborativo entre o sector pesqueiro, entidades de inclusión e concello, deseñando un proxecto de economía circular que se centra no aproveitamento de recursos ou refugallos das actividades pesqueiras, dándolle un novo uso dirixido centralmente á actividade pesqueira.
![]() |
PROPOSTA PARA A DECLARACIÓN COMO ESPAZO NATURAL DE INTERESE LOCAL (ENIL) “MONTE DA PENA”
25/01/2022O Pleno da Corporación acordou iniciar o procedemento para solicitarlle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a declaración do Espazo Natural de Interese Local “Monte da Pena”.
Polo tanto, exponse ao público dita proposta coa finalidade de que as persoas e entidades interesadas poidan presentar ante o Concello, no prazo dun mes, as suxestións e alegacións que xulguen oportunas.
Ver memoria descriptiva para a solicitude de declaración do ENIL
PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES)
01/12/2021O Concello de Outes ven de aprobar no seu pleno municipal o Plan de acción municipal para o clima e a enerxía sustentable. A elaboración e aprobación deste Plan é un factor fundamental na loita contra o cambio climático e tamén para o fomento do uso das enerxías renovables.
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PROXECTO “PARQUE EÓLICO VAQUEIRA”
29/10/2021O Concello de Outes publica, para a súa exposición pública, a documentación do proxecto “Parque eólico Vaqueira”.
ANUNCIO: ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL E A SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA PREVIA DO PARQUE EÓLICO SETE FONTES
18/10/2021O Concello de Outes informa do anuncio da área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia, polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Sete Fontes de 54 MW e a súa infraestrutura de evacuación.
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PROXECTO “SOLUCIÓN DE EVACUACIÓN CONXUNTA DOS PARQUES EÓLICOS MARAGOUTO E BANZAS”
13/10/2021O Concello de Outes publica, para a súa exposición pública, a documentación do proxecto “SOLUCIÓN DE EVACUACIÓN CONXUNTA DOS PARQUES EÓLICOS MARAGOUTO E BANZAS”
ANUNCIO DE CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A CESIÓN DE USO DE PREDIOS RÚSTICOS MUNICIPAIS NO LUGAR DE GOSENDE, EN VALADARES
17/09/2021O Concello de Outes anuncia unha convocatoria para a cesión de uso de predios rústicos municipais.
MODELO DE CARTEL PEL-REACTIVA
23/03/2021Segundo as obrigas das bases reguladoras das axudas PEL-Reactiva, poñemos a disposición dos negocios beneficiarios un modelo de cartel no que se fai pública a axuda da Deputación da Coruña e o Concello de Outes.
DESPREGUE DA FIBRA ÓPTICA EN OUTES
23/02/2021Segundo nos trasladan da empresa que está a realizar o despregue da fibra óptica no concello, do que é responsable Telefónica, nas últimas semanas realizáronse as obras de conexión nos lugares de Catasueiro, Áspera e Viro. O servizo aínda tardará en estar efectivo canto menos un mes. O plan segue coas obras de Villardigo, Cuns e Lagoa.
Por outra banda, os problemas de conexión na rúa da Capela, na Serra de Outes, tamén están sendo solucionados co que o servizo poderá ser efectivo proximamente.
Picar aquí para ver as previsións de despregue nos distintos lugares do concello.
MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DE LIXO
07/11/2020O Concello de Outes publica o certificado de modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de recollida e tratamento de lixo.
LOCAL DE ENSAIO DO CONCELLO DE OUTES
14/10/2020O Concello de Outes pon a disposición da cidadanía do concello e/ou xente vinculada ao mesmo cunha relación de traballo e/ou familia un espazo para o ensaio musical.
O local de ensaio está situado nunha aula do antigo colexio do Cruceiro de Roo e conta cun espazo insonorizado e dispón tamén dun almacén para gardar os instrumentos.
DEPÓSITO DO LIXO NOS CONTEDORES
06/05/2020A FEGAMP recomenda pechar as tapas dos contedores de lixo. As tapas deben permanecer pechadas por hixiene, para evitar cheiros, minimizar a proliferación de animais e insectos e por cuestións económicas.
A contaminación de coronavirus polo contacto directo coas tapas dos contedores pódese evitar co uso de luvas cando se vaia depositar o lixo, botando un xel hidroalcólico e lavando as mans con auga e xabón. Estas medidas son efectivas e evitan a exposición da poboación aos riscos sanitarios derivados de deixar as tapas dos contedores abertas.
MODIFICACIÓN NOS TRÁMITES PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS MENORES DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO NAS PROXIMIDADES DOS RÍOS
22/04/2020O Concello de Outes anuncia que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou un novo decreto para facilitar a execución de obras menores de conservación e mantemento nas proximidades dos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.
Trátase da modificación do Decreto 1/2015, do 15 de xaneiro, que aumenta os casos nos que se pode substituír o trámite de autorización polo de declaración responsable. Inclúense traballos menores na zona de policía dos ríos da demarcación Galicia-Costa, en xeral unha franxa de 100 metros a cada lado das canles dos ríos.
Este cambio no regulamento introduce ademais que os traballos menores do dominio público hidráulico ou na zona de policía poidan comezarse dende o mesmo momento da prestación da declaración responsable, o que axiliza a súa tramitación.
CERTIFICADO DE ACORDO PLENARIO
03/04/2020O Concello de Outes informa do acordo de aprobación do Plan Anual Normativo para o ano 2020.
PROXECTO MUSEISTICO ESTALEIRO “CIPRIAN”
17/01/2020O proxecto museográfico define as características xerais da exposición que albergará o futuro estaleiro rehabilitado, onde o fío condutor será a Carpintería de Ribeira: a edificación, o oficio e as súas técnicas construtivas.
O proxecto é froito dos arquitectos Iago Fernández Penedo e Óscar Fortes Dopico, (A tese doutoral de Fortes versa sobre as arquitecturas das carpinterías de ribeira en Galicia) e afrontouse como unha actuación de consolidación e respecto polo antigo estaleiro tradicional, mantendo os volumes que configuraban a carpintería de ribeira orixinal, sen modificala, tal cal chegou aos nosos días, debido a que é froito da evolución e da memoria da actividade de construción de embarcacións de madeira que alí se desenvolvían.
A idea expositiva non trata de presentar toda a información dispoñible sobre o tema se non que busca elaborar unha síntese que axude á interpretación, que simplifique a visita e a aprendizaxe. Pódense expor instrumentos que amplíen e concreten o discurso: exposicións temporais, actividades de difusión, publicacións, visitas guiadas... A idea é converter toda a área como un exemplo vivo do tradicional oficio de construcións de madeira, que sirva como un referente na defensa, a posta en valor e a continuidade da identidade e memoria do patrimonio marítimo galego en xeral, e en concreto do municipio de Outes.
PROXECTO FINANCIADO POLA UNION EUROPEA A TRAVÉS DO GRUPO DE ACCION LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO-SEO DE FISTERRA RÍA DE MUROS-NOIA: COSTA SOSTIBLE.