Taboleiro de anuncios

SELECCIÓN DE PERSOAL: PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. ANUNCIO DA RELACIÓN DE APROBADOS.
22/04/2024

Concluído o proceso de selección de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a Municipal deste Concello, por medio da presente procédese á publicación da puntuación final do proceso, así como a  listaxe complementaria integrada polos restantes aspirantes que teñan aprobado a fase de oposición, a efectos de conformar a bolsa de emprego que se creará coa finalidade e nos termos sinalados na Base Novena da Convocatoria.

 Ver anuncio coa puntuación final do proceso.

SELECCIÓN DE PERSOAL: PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. PUNTUACIÓNS DO SEGUNDO EXERCICIO.
11/04/2024

Segundo o disposto no apartado 7.3.3 das Bases da Convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a Municipal deste Concello, por medio da presente procédese á publicación da puntuación do segundo exercicio da fase de oposición.

Establécese un prazo de tres (3) días hábiles, para formular reclamacións/alegacións ao respecto dos resultados e cualificacións obtidos, contados a partir do día seguinte á súa publicación no taboleiro de anuncios e páxina web municipais.  

 Ver anuncio coa puntuación do segundo exercicio da fase de oposición

SELECCIÓN DE PERSOAL: PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. PUNTUACIÓNS DO PRIMEIRO EXERCICIO.
21/03/2024

Segundo o disposto no apartado 7.3.3 das Bases da Convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a Municipal deste Concello, por medio da presente procédese á publicación da puntuación do primeiro exercicio da fase de oposición.

Polo Tribunal acórdase convocar ós/ás aspirantes para a celebración do segundo exercicio da fase de oposición, o vindeiro día 5 de abril de 2024, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Outes.

 Ver anuncio coa puntuación do primeiro exercicio da fase de oposición

 Ver exame corrixido

SELECCIÓN DE PERSOAL: PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. PUNTUACIÓN FINAL DA FASE DE CONCURSO.
15/03/2024

Segundo o disposto no apartado 7.2.2 das Bases da Convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a Municipal deste Concello, por medio da presente procédese á publicación da puntuación final da fase de Concurso, determinada pola suma das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes respecto dos méritos obxecto de valoración nesta fase.

Segundo o disposto na base 7.2.2 da convocatoria, establécese un prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das puntuacións obtidas na fase de concurso, para formular as alegacións/reclamacións que no seu caso estimen pertinentes.

 Ver anuncio

SELECCIÓN DE PERSOAL: ARQUITECTO/A TÉCNICO MUNICIPAL. CORRECCIÓN DE ERROS NA LISTAXE PROVISIONAL-DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS AO PROCESO DE SELECCIÓN
01/03/2024

O concello de Outes publica unha corrección de erros referida á listaxe provisoional-definitiva, de aspirantes admitidos/as ao proceso  de selección de Arquitecto Técnico Municipal.

 Ver resolución

SELECCIÓN DE PERSOAL: ARQUITÉCTO/A TÉCNICO MUNICIPAL. RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA APROBANDO A LISTAXE PROVISIONAL-DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS AO PROCESO DE SELECCIÓN
09/02/2024

O concello de Outes publica o Decreto de resolución coa listaxe definitiva de admitidos/as, data, hora e lugar da celebración do primeiro exercicio da fase de oposición ao proceso de selección de Arquitecto Técnico Municipal.

 Ver decreto

SELECCIÓN DE PERSOAL: ARQUITECTO/A TÉCNICO/A DO CONCELLO DE OUTES
14/08/2023

O Concello de Outes publica as bases da convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de arquitecto/a técnico/a do Concello de Outes, e a creación dunha bolsa de emprego para futuras incorporacións de persoal temporal.

Preme aquí para acceder ás bases da convocatoria

Preme aquí para acceder ao modelo de solicitide da praza