Anuncio
RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS Ó PROCESO DE SELECCIÓN DE AXENTE DE IGUALDADE
Logo de aprobarse por Resolución de Alcaldía de data 23 de xuño do 2025 a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso de selección dun Axente de Igualdade do Concello de Outes, procédese a súa publicación a efectos do seu xeral coñecemento polas persoas interesadas.
Convócase ás aspirantes o vindeiro mércores, 9 de xullo do 2025 ás 10:00 horas, na planta baixa da Casa da Cultura de Outes (Avda. San Campio, 1, da Serra de Outes) para a realización da proba escrita. Dita proba desenvolverase segundo se detalla na base sétima da convocatoria.