Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
ANUNCIO PUNTUACIÓNS FINAIS DO PROCESO SELECTIVO DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA "ESTALEIRO CIPRIÁN"
20/11/2024Mediante a presente, procédese á publicación do Acordo do Tribunal de Selección de data 20 de novembro do 2024 relativo ao proceso selectivo para a cobertura dunha praza de Técnico/a Medio de Atención ao Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira "Estaleiro Ciprián".
En atención á reclamación presentada por unha aspirante, o tribunal acordou a anulación da pregunta 36 do primeiro exercicio da fase de oposición, debido a un erro no seu enunciado, ao referirse a "sanción leve" en lugar de "infracción leve", contravindo o establecido na Lei 5/2016, do Patrimonio Cultural de Galicia. Este erro podía inducir a confusión nos aspirantes, polo que se procedeu á súa substitución pola primeira pregunta de reserva e á realización dunha nova corrección do primeiro exercicio.
Unha vez realizada a nova corrección do primeiro exercicio e finalizada a valoración da fase de concurso de méritos, estableceuse a puntuación final do proceso selectivo, resultante da suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e de concurso.
A aspirante que obtivo a mellor puntuación, Dª PAULA LÓPEZ GARCÍA é proposta para a contratación, polo que deberá presentar, no prazo improrrogable de tres días hábiles, a seguinte documentación:
- Certificado médico ou informe de saúde que acredite non padecer enfermidade ou limitación física ou psíquica que impida o normal desenvolvemento das tarefas correspondentes ao posto ofertado.
- Declaración xurada de non ter sido separada mediante expediente disciplinario do servizo do Estado, Comunidades Autónomas ou Entidades Locais, nin atoparse inhabilitada para o exercicio de funcións públicas.
De non presentar a documentación requirida no prazo indicado, entenderase que renuncia ao posto, procedéndose conforme ás bases do proceso selectivo.
PUNTUACIÓNS DO SEGUNDO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN DO PROCESO DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA "ESTALEIRO CIPRIÁN".
15/11/2024Por medio da presente procédese á publicación do Acordo do Tribunal de selección polo que se acordan as puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición do proceso de selección dun Técnico/a de atención ao espazo museístico da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”.
ANUNCIO DE CUALIFICACIÓNS DO PRIMEIRO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN DO PROCESO DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA “ESTALEIRO CIPRIÁN”
31/10/2024Por medio da presente procédese á publicación do Acordo do Tribunal de selección polo que se aproba a puntuación do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso de selección dun Técnico/a de atención ao espazo museístico da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”.
A realización do segundo exercicio da fase de oposición fíxase para o día 7 de novembro de 2024, ás 10:00 horas, na planta baixa da Casa da Cultura de Outes, sita na Avenida de San Campio, núm. 1 da Serra de Outes, debendo portar os aspirantes a documentación identificativa indicada na Base 7.2 do proceso selectivo.
RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ASPIRANTES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCESO DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA “ESTALEIRO CIPRIÁN”
22/10/2024Logo de aprobarse por Resolución da Alcaldía de data 17 de outubro do 2024 a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso de selección dun Técnico/a Medio de atención ao espazo museístico do Centro de Interpretación da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”, procédese a súa publicación a efectos do seu xeral coñecemento polas persoas interesadas.
A realización do primeiro exercicio da fase de oposición fíxase para o día 29 de outubro de 2024, ás 10:00 horas, na planta baixa da Casa da Cultura de Outes, sita na Avenida de San Campio, núm. 1 da Serra de Outes, debendo portar os aspirantes a documentación identificativa indicada na Base 7.2 do proceso selectivo.
O chamamento para posteriores exercicios farase mediante a publicación no taboleiro de anuncios da Corporación aloxado na sede electrónica deste Concello [ http://outes.sedelectronica.gal] e páxina web municipal [www.outes.gal], con 24 horas, polo menos, de antelación ao comezo de este.
RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAS ASPIRANTES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCESO DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA “ESTALEIRO CIPRIÁN”
11/10/2024Logo de aprobar por Resolución da Alcaldía de data 7 de outubro do 2024 a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso de selección dun Técnico/a Medio de atención ao espazo museístico do Centro de Interpretación da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”, procédese a súa publicación a efectos do seu xeral coñecemento polas persoas interesadas.
De acordo co establecido na cláusula quinta das Bases reguladoras, concédese un prazo de tres días hábiles a partir do seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial da Provincia para que os/as aspirantes excluídos/as poidan emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou formular reclamacións.
De non atender o requirimento de subsanación dentro do prazo sinalado, serán excluídos definitivamente do proceso selectivo.
Ver resolución no BOP da Provincia da Coruña
Ver Anexo II: solicitude de participación (LibreOffice)
CORRECIÓN DE ERRO NAS BASES PARA A SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA “ESTALEIRO CIPRIÁN”
02/10/2024Por Resolución da Alcaldía de data 27 de agosto do 2024 procedeuse á corrección do erro detectado no Anexo I das bases reguladoras, mediante a substitución do tema 4 do ANEXO I , que inicialmente facía referencia ao Decreto 314/1986, de 16 de outubro, pola Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia, norma que foi derrogada pola Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia.
O tema 4 do Anexo I queda, polo tanto, redactado como segue: “Tema 4. Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia.”
BASES E CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA
26/09/2024Logo de aprobar por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 27 de agosto do 2024 a contratación de 1 praza de Técnico/a Medio de atención ao espazo museístico do Centro de Interpretación da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”, polo sistema de concurso-oposición, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Documentación a presentar:
- DNI ou NIE da persoa solicitante.
- DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.
- A instancia normalizada, segundo o modelo que se inclúe como ANEXO II ás presentes bases e que tamén poderá descargarse na páxina web deste Concello [www.outes.gal].
- Titulacións ás que se refire a BASE 3.b. 5. Certificado CELGA 4 ou equivalente, no seu caso (no suposto de non ter o certificado se realizará a proba de coñecemento de galego á que se refire a Base Sétima).
Ver Anexo II: solicitude de participación
Ver Anexo II: solicitude de participación (LibreOffice)
Categorías
- deportes
- subvencions
- axudas
- consulta pública
- Aula sostible do Freixo
- oferta de emprego
- técnico/a turismo
- anuncio
- vivenda social
- lixo
- comunicado
- concurso tapas
- madrugadores
- Outes Concilia
- subvencións
- Bando
- Madrugadores
- Brigada de incendios
- PXOM
- socorristas
- OEP
- Proceso de estabilización de emprego
- RISGA
- técnico medioambiente
- PEL
- campamentos
- APROL RURAL
- Escola Infantil Municipal
- arquitecto técnico
- Pampallín
- Licitación
- SAF
- CIM
- Entroido
- Resolución
- concesión cafetería
- actividades
- Nadal
- impostos
- SAT
- piscina
- PAI
- bando
- ADL
- formación
- ENIL
- proxecto
- PACES
- cim
- proxecto
- ordenanzas e regulamentos