Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
CACHARELAS DE SAN XOÁN
05/06/2023As persoas ou asociacións que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello antes das 14:00 horas do día 22 de xuño.
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS A CORTES XERAIS DO 23 DE XULLO 2023
05/06/2023Entre os días 5 e 12 de xuño, ámbolos dous incluídos, estará exposto o Censo Electoral para todas aquelas persoas que precisen consultalo. Se algún dos seus datos censuais presenta erros, poderá presentar a reclamación correspondente.
I.T.V. PARA MAQUINARIA AGRÍCOLA EN OUTES
03/05/2023O Concello informa que unha estación de I.T.V. móbil de Cacheiras estará en Outes os días 29, 30 e 31 de maio na explanada da depuradora.
ELECCIÓNS LOCAIS 28 DE MAIO 2023: EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL
05/04/2023Entre os días 10 e 17 de abril, ámbolos dous incluídos, estará exposto, nas oficinas xerais do Concello, o Censo Electoral para todas aquelas persoas que precisen consultalo. Se algún dos seus datos censuais presenta erros, poderá presentar a reclamación correspondente.
ELECCIÓN DE XUIZ DE PAZ SUBSTITUTO DO CONCELLO DE OUTES
17/11/2022O Concello de Outes publica a convocatoria para a elección de Xuíz de Paz Substituto.
NOTA: Para a xustificación de antecedentes penais bastará cunha declaración xurada.