Anuncio

SELECCIÓN DE AXENTE DE IGUALDADE - RELACIÓN PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

Logo de aprobarse por Resolución da Alcaldía de data 3 de xuño do 2025 a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso de selección dun Axente de Igualdade do Concello de Outes, procédese a súa publicación a efectos do seu xeral coñecemento polas persoas interesadas.

De acordo co establecido na cláusula quinta das Bases reguladoras, concédese un prazo de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial da Provincia para que as aspirantes excluídas poidan emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou formular reclamacións. De non atender o requirimento de subsanación dentro do prazo sinalado, serán excluídas definitivamente do proceso selectivo.

 Ver resolución no BOP