Taboleiro de anuncios

AMPLIACIÓN DE HORARIOS POLAS FESTAS DE SAN CAMPIO
25/09/2023

O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche de establecementos públicos e de finalización dos espectáculos públicos das actividades recreativas, en todo o termo municipal, durante as noites do xoves 28 e do venres 29 de setembro do 2023.

Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria con motivo da celebración das festas, serán aqueles que consten con licenza municipal para actividade de hostalaría.

 Ver bando

SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A. LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS
15/09/2023

O concello de Outes publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de administrativo/a.

 Ver lista

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS NO SERVIZO DE MADRUGADORES
08/09/2023

O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de admitidos/as no servizo de Madrugadores, do Programa “Outes Concilia”, para o curso 2023-2024.

 Ver listaxe

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS NO SERVIZO DE MADRUGADORES
07/09/2023

O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidos/as no servizo de Madrugadores, do programa “Outes Concilia”, para o curso 2023-2024.

 Ver listaxe

PROCESO DE ESTABILIZACIÓN: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DE VARIAS PRAZAS
23/08/2023

O Concello de Outes informa da publicación, no Boletín Oficial da Provincia do 23 de agosto, das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas das seguintes prazas incluídas no proceso de estabilización:

SELECCIÓN DE PERSOAL: ARQUITECTO/A TÉCNICO/A DO CONCELLO DE OUTES
14/08/2023

O Concello de Outes publica as bases da convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de arquitecto/a técnico/a do Concello de Outes, e a creación dunha bolsa de emprego para futuras incorporacións de persoal temporal.

Preme aquí para acceder ás bases da convocatoria

Preme aquí para acceder ao modelo de solicitide da praza

SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR E 3 PEÓNS/PEOAS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
26/07/2023

O Concello de Outes publica a acta nº 3 (resolución da convocatoria)  do proceso de selección de 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor e 3 peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de incendios 2023/2024.

ACTA Nº 3

SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR E 3 PEÓNS/PEOAS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
18/07/2023

O Concello de Outes publica a ACTA Nº 1 (probas físicas e entrevistas) e a ACTA Nº2 (fase de concurso) do proceso de selección de 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor e 3 peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de incendios.

 Ver acta número 1

 Ver  acta número 2

SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR E 3 PEÓNS/PEOAS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
14/07/2023

O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía coa lista de admitidos/as, data e lugar da realización da proba física, data e lugar da realización das entrevistas e data de realización da proba de coñecemento de galego  ao proceso de selección de 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor e 3 peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de incendios.

 Ver resolución

ANUNCIO: PUNTUACIÓNS DO PROCESO SELECTIVO DE PROMOCIÓN INTERNA (PRAZA DE TECNICO CULTURA E MOCIDADE)
10/07/2023

O Concello de Outes publica as puntuacións do proceso selectivo de promoción interna da praza de técnico de cultura e mocidade.

 Ver anuncio

ANUNCIO: PUNTUACIÓNS DO PROCESO SELECTIVO DE PROMOCIÓN INTERNA (PRAZA DE TÉCNICA AUXILIAR BIBLIOTECA)
10/07/2023

O Concello de Outes publica as puntuacións do proceso selectivo de promoción interna da praza de técnica auxiliar biblioteca.

 Ver anuncio

ANUNCIO: PUNTUACIÓNS DO PROCESO SELECTIVO DE PROMOCIÓN INTERNA (PRAZA DE EDUCADORA FAMILIAR)
10/07/2023

O Concello de Outes publica as puntuacións do proceso selectivo de promoción interna da praza de educadora familiar.

 Ver anuncio

SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR E 3 PEÓNS/PEOAS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
04/07/2023

No Boletín Oficial da Provincia nº 126, do 04.07.2023, publícanse as bases e a convocatoria do proceso de selección de 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor e 3 peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de incendios do Concello de Outes.

Ver anuncio no BOP

SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A
29/06/2023

No Boletín Oficial da Provincia nº 122, do 28.06.2023, publícanse as Bases reguladoras da convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de administrativo/a do Concello de Outes, e a creación dunha bolsa de emprego para futuras incorporacións de persoal temporal.

 Ver bases no BOP 

SELECCIÓN DE PERSOAL (PROGRAMAS DE COOPERACIÓN 2023): 5 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS PARA A TEMPADA DE VERÁN 2023
22/06/2023

O concello de Outes publica a acta de desenvolvemento da fase de oposición, fase de concurso e resolución da convocatoria do proceso de selección de 5 postos de socorrista en espazos acuáticos naturais para a tempada de verán 2023.

 Ver acta

CAMPAMENTO DE VERÁN 2023 DO PROGRAMA “OUTES CONCILIA”: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDAS/OS.
21/06/2023

O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía coa listaxe definitiva de admitidas/os e de agarda no Campamento de Verán 2023 do Programa “Outes Concilia”.

 Ver resolución

SELECCIÓN DE PERSOAL (PROGRAMAS DE COOPERACIÓN 2023): 5 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS PARA A TEMPADA DE VERÁN 2023
21/06/2023

O concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos/as ao proceso de selección de 5 postos de socorrista en espazos acuáticos naturais para a tempada de verán 2023.

 Ver resolución de alcaldía 1

 Ver resolución de alcaldía 2

SELECCIÓN DE PERSOAL: 5 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS PARA A TEMPADA DE VERÁN 2023
16/06/2023

O concello de Outes ten solicitada ante a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade unha subvención para a contratación de socorristas en espazos acuáticos naturais. A selección deste persoal realizarase mediante oferta comunicada á oficina de emprego de Santiago-Norte. As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo deberán estar inscritas como demandantes na oficina de emprego e ter solicitada a ocupación de Socorrista en espazos acuáticos naturais. A solicitude de persoas candidatas a oficina de emprego efectuarase o vindeiro martes día 20 de xuño. O resto de requisitos das persoas aspirantes e as condicións da contratación veñen recollidas nas bases adxuntas.

 Ver bases

SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
16/06/2023

O Concello de Outes publica a acta de resolución da convocatoria no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.

 Ver acta

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL. PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA DE PERSOAS USUARIAS DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL (EIM) DO CONCELLO DE OUTES PARA O CURSO 2023/2024
09/06/2023

O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de usuarios/as de novo ingreso admitidos/as e en agarda na Escola Infantil Municipal do Concello de Outes para o curso 2023/2024.

 Ver listaxe

CAMPAMENTO DE VERÁN 2023 DO PROGRAMA “OUTES CONCILIA”: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS/OS
07/06/2023

O Concello de Outes publica o decreto de alcaldía coa listaxe provisional de admitidas/os e de agarda no Campamento de Verán 2023 do Programa “Outes Concilia”.

 Ver decreto

 Documento informativo para formalizar o pago

 Documento de renuncia á praza / solicitude de devolución do importe aboado

SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
07/06/2023

O Concello de Outes publica a acta de desenvolvemento da proba práctica de coñecemento do galego e o resultado da fase de concurso no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.

 Ver acta

CONTRATACIÓN DE 2 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DA RISGA EN OUTES: ACTA 1
05/06/2023

O Concello de Outes publica a acta coas puntuacións e a resolución da convocatoria do proceso para contratar a 2 operarios de servizos múltiples entre perceptores da RISGA en Outes.

 Ver acta

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS A CORTES XERAIS DO 23 DE XULLO 2023
05/06/2023

Entre os días 5 e 12 de xuño, ámbolos dous incluídos, estará exposto o Censo Electoral para todas aquelas persoas que precisen consultalo. Se algún dos seus datos censuais presenta erros, poderá presentar a reclamación correspondente.

 Ver bando

CORRECCIÓN DE ERROS NAS BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE 2 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DE RISGA
05/06/2023

O Concello de Outes publica un decreto de alcaldía para corrixir un erro nas bases da convocatoria para a contratación de 2 operarios/as de servizos múltiples entre perceptores de RISGA.

 Ver decreto.

SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
31/05/2023

O Concello de Outes publica a acta do desenvolvemento do primeiro exercicio da fase de oposición: proba teórico-práctica, data e lugar da proba práctica de coñecemento do galego, no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.

 Ver acta

CONTRATACIÓN DUN TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2023: DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS E RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA
29/05/2023

O Concello de Outes publica a acta de desenvolvemento dos exercicios e resolución da convocatoria para contratar 1 tractorista brigada forestal dentro do Programa APROL RURAL 2023.

 Ver acta

CONTRATACIÓN DE 2 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DA RISGA EN OUTES: LISTA DEFINITIVA
29/05/2023

O Concello de Outes publica a relación definitiva de aspirantes admitidos e a data da proba practica da convocatoria para contratar a 2 operarios de servizos múltiples entre perceptores da RISGA en Outes.

 Ver resolución

CONTRATACIÓN DE 2 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DA RISGA EN OUTES
26/05/2023

O Concello de Outes publica as bases da convocatoria para contratar a 2 operarios de servizos múltiples entre perceptores da RISGA en Outes.

 Ver bases

CONTRATACIÓN DUN TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2023: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS
25/05/2023

O Concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos na convocatoria para contratar 1 tractorista brigada forestal dentro do Programa APROL RURAL 2023.

 Ver lista

CONTRATACIÓN DUN TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2023
25/05/2023

O Concello de Outes publica as bases da convocatoria para contratar 1 tractorista brigada forestal dentro do Programa APROL RURAL 2023.

 Ver bases

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL. PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA DE PERSOAS USUARIAS DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL (EIM) DO CONCELLO DE OUTES PARA O CURSO 2023/2024
24/05/2023

O Concello de Outes publica a lista provisional de admitidos/as e de agarda logo de rematado o prazo para solicitudes de novo ingreso na Escola Infantil Municipal do Concello de Outes para o curso 2023/2024.

 Ver lista

SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
05/05/2023

O Concello de Outes publica a  lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, data e lugar do exame da fase de oposición, no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.

 Máis información

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL. Procedemento de renovación, novo ingreso, admisión e matrícula de persoas usuarias da Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes para o curso 2023/2024
02/05/2023

O Concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos/as logo de rematado o prazo para solicitudes de renovación na Escola Infantil Municipal do Concello de Outes para o curso 2023/2024, segundo as solicitudes presentadas no prazo establecido.

 Ver lista

SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
02/05/2023

O concello de Outes publica a  lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023, logo de ser advertido un erro por omisión involuntaria na publicada en data 27/04/2023.

 Ver lista

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO CONCELLO DE OUTES
28/04/2023

O Concello de Outes publica a Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo na Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes.

 Ver ordenanza

SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
27/04/2023

O concello de Outes publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.

 Ver lista

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS NORMAS DE FUNCIONAMENTO E DO ANEXO I
12/04/2023

Aprobado inicialmente o regulamento da Escola Infantil Municipal de Outes, Anexo I das normas de funcionamento da Escola Infantil Municipal de Outes, por Acordo do Pleno de data 30 de marzo de 2023.

De conformidade cos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 56 do Texto Refundido de Réxime Local, sométese a información pública polo prazo de trinta días, a contar desde o seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia para que poida ser examinado o regulamento e poidan, no seu caso, presentarse as reclamacións que se estimen oportunas. Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica (outes.sedelectronica.gal) e na páxina web www.outes.gal corporativas.

No caso de non presentarse reclamacións no citado prazo, entenderase definitivamente aprobado o acordo de aprobación inicial do regulamento.

 Ver NORMAS DE FUNCIONAMENTO DAS ESCOLAS INFANTÍS

 Ver ANEXO 1

SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
12/04/2023

O concello de Outes informa da apertura do prazo de inscrición no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.

A solicitude de inscrición e a información sobre os requisitos de participación e o procedemento de selección poden consultarse nos arquivos adxuntos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o xoves 26 de abril de 2023.

 Máis información

 Solicitude de inscrición

ANUNCIO DE APROBACIÓN DO PADRÓN FISCAL DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO ANO 2023
11/04/2023

A Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión do 28 de marzo de 2023, aprobou  o padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano 2023, composto por un total de 5.673 recibos.

 Ver anuncio

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL. MATRÍCULAS
11/04/2023

O Concello de Outes publica o procedemento de renovación, novo ingreso, admisión e matrícula de persoas usuarias da Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes para o curso 2023/2024:

  • SOLICITUDES DE RENOVACIÓN.
    • Prazo: Entre o 12 e o 19 de abril de 2023, ambos incluídos.
    • Onde: na Escola Infantil.
  • SOLICITUDES DE NOVO INGRESO.
    • Prazo: Entre o 20 de abril e o 10 de maio de 2023, ambos incluídos.
    • Onde: a través da sede electrónica do concello (https://outes.sedelectronica.gal) ou de xeito presencial, no servizo de educación familiar do Concello.

 Ver anuncio do BOP 

 Solicitude de reserva de praza

SAT – SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ: Agrupación de Concellos de Noia, Lousame, Muros, Outes e Porto do Son
03/04/2023

Cartel SAT

Que é o SAT?

É un Servizo de Atención Temperá de carácter público e gratuíto que atende á poboación infantil de 0 a 6 anos, ás súas familias e á súa contorna, que ten por obxectivo atender o máis axiña posible as necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos/as con trastornos no seu desenvolvemento ou con risco de padecelos.

Que ofrece?

  • Diágnose e valoración dos trastornos de desenvolvemento dos/das nenos/as
  • Apoio en todas as areas de desenvolvemento do/a neno/a:
    • Desenvolvemento psicomotor
    • Desenvolvemento cognitivo
    • Desenvolvemento da linguaxe e comunicación
    • Desenvolvemento da autonomía
    • Desenvolvemento da área social e afectiva
  • Apoio, información, habilitación e formación da familia:
    • Terapia psicolóxica individual
    • Grupos de familias.
  • Coordinación coa contorna:
    • Colaboración cos /as profesionais do ámbito social, educativo e sanitario e outros recursos da comunidade

Como se pode acceder ao SAT?

  • Calquera familia residente nos concellos de Noia, Lousame, Muros, Outes ou Porto do Son poderá solicitar información e atención no mesmo.
  • Por derivación pediátrica.

Como contactar co SAT?

  • Chamando ao 981 824 248
  • A través de correo electrónico sat@noia.es
  • Acudindo directamente ao Servizo, situado en Frei Lois Rodríguez, nº 9, baixo- Noia

Normativa que regula os Servizos de Atención Temperá:

Decreto 183/2013 polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá

Protocolo de coordinación, intervención e derivación interinstitucional en Atención Temperá

PROCESO DE ESTABILIZACIÓN
08/03/2023

Publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado

Bases xerais e específicas da OPE extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello de Outes

Anexo II - Solicitude de participación no proceso de estabilización

Anexo IV - Formulario para os méritos alegados

BASES XERAIS E ESPECÍFICAS QUE REXERÁN E REGULARÁN A CONVOCATORIA E DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS EXTRAORDINARIOS DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL NO CONCELLO DE OUTES
02/02/2023

O Concello de Outes publica o anuncio de convocatoria e bases xerais e específicas que rexerán e regularán a convocatoria e desenvolvemento dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal.

 Ver anuncio

SELECCIÓN DE PERSOAL: MONITOR/A-SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL
24/01/2023

O Concello de Outes publica a acta de desenvolvemento das probas físicas e valoración de méritos para a selección de monitor/a-socorrista na piscina municipal. 

 Ver acta

DECLARACIÓNS DESFAVORABLES DE IMPACTO AMBIENTAL RELATIVAS AOS PROXECTOS DE PARQUES EÓLICOS QUE AFECTAN AO CONCELLO DE OUTES
20/01/2023

A Xunta de Galicia informou desfavorablemente o impacto ambiental dos proxectos de parques eólicos de Maragouto, Sancosmeiro, O Vao e A Vaqueira, que afectaban ao noso concello.

 Ver declaración de impacto ambiental do parque eólico Maragouto

 Ver declaración de impacto ambiental do parque eólico Sancosmeiro

 Ver declaración de impacto ambiental do parque eólico O Vao

 Ver declaración de impacto ambiental do parque eólico A Vaqueira

CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE ATENCIÓN EDUCATIVA
20/01/2023

O Concello de Outes publica o decreto de aprobación definitiva da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal  de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de atención educativa.

 Ver decreto

CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE AUXILIAR/APOIO
20/01/2023

O Concello de Outes publica o decreto de aprobación definitiva da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal  de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de apoio/auxiliar.

 Ver decreto

CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE ATENCIÓN EDUCATIVA
18/01/2023

O Concello de Outes, logo de resoltas as alegacións presentadas, publica a acta definitiva de resolución da convocatoria para a creación da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de atención educativa.

 Ver acta

CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE AUXILIAR/APOIO
18/01/2023

O Concello de Outes, logo de resoltas as alegacións presentadas, publica a acta definitiva de resolución da convocatoria para a creación da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de apoio/auxiliar.

 Ver acta

SELECCIÓN DE PERSOAL: MONITOR/A-SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL
17/01/2023

O Concello de Outes publica a acta de desenvolvemento do primeiro exame da fase de oposición para a selección de monitor/a-socorrista na piscina municipal e data do segundo exame e un exemplar do exame coas respostas correctas.

 Ver acta

 Ver exame coas respostas

CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE AUXILIAR/APOIO
29/12/2022

O Concello de Outes publica as seguintes actas para a creación de dúas bolsas de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de apoio/auxiliar.

Acta valoracion fase de concurso. Puntuacións definitivas

Acta realización exame de galego

Acta resolución da convocatoria

Decreto aprobación da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal do PAI: persoal de apoio auxiliar

 

CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE ATENCION EDUCATIVA
29/12/2022

O Concello de Outes publica as seguintes actas para a creación de dúas bolsas de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de atención educativa.

Acta valoracion fase de concurso. Puntuacións definitivas

Acta realización exame de galego

Acta resolución da convocatoria

Decreto aprobación da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal do PAI: persoal de atención educativa

SELECCIÓN DE PERSOAL: MONITOR/A-SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL
19/12/2022

O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de persoas admitidas na convocatoria para a selección de monitor/a-socorrista na piscina municipal e data do primeiro exame.

Ver documento

PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA: LISTAXE DEFINITIVA DE AGARDA
07/12/2022

O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de agarda do P.A.I. de Outes ata o remate do curso escolar 2022/2023, logo de rematado o 2º prazo extraordinario de solicitudes de novo ingreso.

 Ver listaxe

SELECCIÓN DE PERSOAL: MONITOR/A-SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL
02/12/2022

O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidos/as na convocatoria para a selección de monitor/a-socorrista na piscina municipal.

 Ver listaxe

MELLORA ENERXÉTICA DE DIVERSAS ILUMINACIÓNS EXTERIORES DO CONCELLO DE OUTES
02/12/2022

 

MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM PARA CHAN INDUSTRIAL. INFORMACIÓN PÚBLICA
01/12/2022

Apertura do período de información pública da modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Outes.

Aprobada inicialmente a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Outes por acordo plenario, no Pleno ordinario do Concello de Outes celebrado o 25.08.2022, procedese á apertura do período de información pública durante dous meses para a presentación das alegacións que se estimen pertinentes.

O expediente, con tódolos documentos que integran o Plan Xeral incluído o estudo ambiental estratéxico, poden descargarse picando no seguinte enlace:

 Descarga de documentos

CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE ATENCION EDUCATIVA
25/11/2022

O Concello de Outes publica as seguintes actas para a creación de dúas bolsas de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de atención educativa.

 Acta das puntuacións definitivas do primeiro exercicio da fase de oposición

Actas de desenvolvemento e lectura do segundo exercicio da fase oposición

 Acta de valoración da fase de concurso e datas, lugar e hora para a realización da proba práctica de coñecemento do galego

CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. PERSOAL DE APOIO/AUXILIAR
17/11/2022

O Concello de Outes publica as Actas de desenvolvemento e lectura do segundo exercicio da fase oposición, acta de valoración da fase de concurso e datas, lugar e hora para a realización da proba práctica de coñecemento do galego para a creación de dúas bolsas de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de apoio/auxiliar.

 Acta de desenvolvemento do segunto exercicio

 Acta de lectura do segundo exercicio

 Acta de valoración da fase de concurso

ELECCIÓN DE XUIZ DE PAZ SUBSTITUTO DO CONCELLO DE OUTES
17/11/2022

O Concello de Outes publica a convocatoria para a elección de Xuíz de Paz Substituto.

NOTA: Para a xustificación de antecedentes penais bastará cunha declaración xurada.

 Ver bando

 Instancia e declaración responsable

CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I.: CORRECCIÓN DE ERROS
21/10/2022

Advertido erros no anuncio do 21 de outubro de 2022, no cal se publicaban as datas, lugar e orde para a lectura do segundo exercicio para a creación de dúas bolsas de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de atención educativa e persoal de apoio/auxiliar, publícase a seguinte corrección.

 Ver corrección de erros.

CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I.
21/10/2022

O Concello de Outes publica as datas, lugar e orde para a lectura do segundo exercicio para a creación de dúas bolsas de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de atención educativa e persoal de apoio/auxiliar.

 Ver anuncio 

CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I.
04/10/2022

O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal cualificador e desenvolvemento do primeiro exercicio para a creación de dúas bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.) e a data de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

 Ver acta de persoal de apoio/auxiliar

 Ver acta de persoal de atención educativa

SELECCIÓN DE PERSOAL: MONITOR/A-SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL
30/09/2022

O Concello de Outes publica no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 187, do venres 30 de setembro de 2022, a convocatoria para a selección dunha persoa para realizar as funcións de monitor/a-socorrista na piscina municipal.

O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 03/10/2022 até o 17/10/2022, ambos inclusive.

 Bases da convocatoria

 Instancia

CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I.
22/09/2022

O Concello de Outes publica as listaxes definitivas de admitidos/as para a creación de dúas bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.) e a data de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

 Ver listaxe e data do exame de persoal de apoio/auxiliar

 Ver listaxe e data do exame de persoal de atención educativa

CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I.
05/09/2022

O Concello de Outes publica as listaxes provisionais de admitidos/as para a creación de dúas bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.).

 lista de persoal de apoio/auxiliar

  lista de persoal de atención educativa

A PIQUES DE REMATAR A OBRA “MELLORA ENERXÉTICA DE DIVERSOS ALUMEADOS EXTERIORES DO CONCELLO DE OUTES”
12/08/2022

En decembro de 2019 o IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía) concedeulle a este noso Concello unha subvención para financiar con fondos europeos o 80% do proxecto de aforro enerxético nos alumeados públicos, un proxecto que ascende a 846.516,30 €.

Nos últimos meses puideron verse os avances da obra que está a piques de rematar, na que o montante principal corresponde á sustitución da maior parte das luminarias do alumeado público do concello por luces led, a modernización de cuadros eléctricos de alumeado público, así como a sustitución das luminarias dos paseos de Pontenafonso e Broña.

 

BOLSA DE EMPREGO PERSOAL DE LIMPEZA: ACTA DE RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA E DECRETO DE CONSTITUCIÓN DA BOLSA DE EMPREGO
29/07/2022

O Concello de Outes publica a acta de resolución da convocatoria para o proceso de selección de persoal para unha bolsa de emprego para persoal de limpeza e o Decreto polo que se constitúe dita bolsa.

 Ver acta de resolución

 Ver decreto de constitución da bolsa

PROCESO DE INFORMACIÓN PÚBLICA DO PARQUE EÓLICO O VAO
18/07/2022

O Concello de Outes informa de que está en proceso de información pública o parque eólico do Vao.

 Máis información

BOLSA DE EMPREGO PERSOAL DE LIMPEZA: ACTA DE CONSTITUCIÓN DO TRIBUNAL E PUNTUACIÓN DO SEGUNDO EXAME DA FASE DE OPOSICIÓN
07/07/2022

O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal e puntuación do segundo exercicio da fase oposición para o proceso de selección de persoal para unha bolsa de emprego para persoal de limpeza.

 Ver acta

BOLSA DE EMPREGO PERSOAL DE LIMPEZA: ACTA DE CONSTITUCIÓN DO TRIBUNAL E PUNTUACIÓN DO PRIMEIRO EXAME DA FASE DE OPOSICIÓN
01/07/2022

O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal, puntuación do primeiro exercicio da fase oposición e data do segundo exame para o proceso de selección de persoal para unha bolsa de emprego para persoal de limpeza.

 Ver acta

BOLSA DE EMPREGO PERSOAL DE LIMPEZA: ACTA DE CONSTITUCION DO TRIBUNAL E PUNTUACIÓN DA FASE DE CONCURSO
30/06/2022

O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal e puntuación da fase de concurso para o proceso de selección de persoal para unha bolsa de emprego para persoal de limpeza.

 Ver acta

BOLSA DE EMPREGO PERSOAL DE LIMPEZA: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS AO PROCESO DE SELECCIÓN
28/06/2022

O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía aprobando a listaxe definitiva de admitidos e data de realización do primeiro exame para o proceso de selección de persoal para unha bolsa de emprego para persoal de limpeza.

 Ver resolución

BOLSA DE EMPREGO PERSOAL DE LIMPEZA: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS AO PROCESO DE SELECCIÓN
23/06/2022

O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía aprobando a listaxe provisional de admitidos ao proceso de selección de persoal para unha bolsa de emprego para persoal de limpeza.

 Ver resolución

SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2022
02/06/2022

O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal cualificador e desenvolvemento do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2022, e a data de realización do segundo exercicio.

 Ver acta

BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DE LIMPEZA PARA O CONCELLO DE OUTES
02/06/2022

O Concello de Outes publica no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 103, do mércores 1 de xuño de 2022, a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal de limpeza no concello de Outes.

Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 02/06/2022 ata o 15/06/2022, ambos inclusive.

 Ver bases

 Instancia de solicitude

CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I.
31/05/2022

O Concello de Outes publica no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 102, do martes 31 de maio de 2022, as convocatorias para a creación de dúas bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.).

Os postos a cubrir son:

OFERTA DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE OUTES
25/05/2022

O Concello de Outes publica a Oferta de Emprego Público, ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

 Ver anuncio

PUNTO ATENCIÓN Á INFANCIA: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022/2023
28/04/2022

O Concello de Outes publica a lista provisional de admitidos/as e agarda logo de rematado o prazo ordinario para solicitudes de novo ingreso no P.A.I. para o curso 2022-2023.

As persoas solicitantes disporán dun prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución das listaxes provisionais, para a presentación das reclamacións no rexistro xeral do concello.

 Ver lista

INFORMACIÓN PÚBLICA DA SOLICITUDE DE DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DO PROXECTO DO PARQUE EÓLICO BANZAS NOS CONCELLOS DE OUTES, NEGREIRA E MAZARICOS
25/04/2022

O Concello de Outes informa que no DOG do 25 de abril se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Banzas, nos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos.

O anuncio pode verse completo no seguinte enlace:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220425/AnuncioG0596-290322-0005_gl.html

INFORMACIÓN PÚBLICA DA SOLICITUDE DE DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DO PROXECTO DO PARQUE EÓLICO MARAGOUTO NOS CONCELLOS DE OUTES E MAZARICOS
19/04/2022

O Concello de Outes informa que no DOG do 19 de abril se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Maragouto, nos concellos de Outes e Mazaricos.

O anuncio pode verse completo no seguinte enlace:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220419/AnuncioG0596-060422-0001_gl.html

CENTRO PARA A TRANSFORMACIÓN DO LIXO MARIÑO
11/02/2022

O Concello de Outes participa nesta iniciativa subvencionada polo GALP Costa Sostible xunto coa Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros Noia, Asociación A Creba, Asociación de Saúde Mental Misela e o Centro especial de emprego ADISBISMUR.

O principal obxectivo do proxecto é promover o aproveitamento de restos e lixo mariño derivado da actividade pesqueira e a súa reintrodución no sector, xerando dinámicas de economía circular e minorizando o impacto da contaminación nos recursos naturais e entorno mariño e costeiro. Ademais o proxecto diríxese á integración social, contribuíndo á súa vez a reforzar á colaboración entre axentes, ao coidado ambiental e á dinamización económica da zona costeira.

O proxecto implica a transformación social e a defensa dos intereses colectivos e do ben común, apoiando a xeración de redes de traballo colaborativo entre o sector pesqueiro, entidades de inclusión e concello, deseñando un proxecto de economía circular que se centra no aproveitamento de recursos ou refugallos das actividades pesqueiras, dándolle un novo uso dirixido centralmente á actividade pesqueira.

 

 Ver resolución da Consellería do Mar

FORMACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO
31/01/2022

Dende a Axencia de Desenvolvemento Local ponse en marcha un programa formativo para persoas emprendedoras e para alumnos de ciclos de FP.

 Máis información

PROPOSTA PARA A DECLARACIÓN COMO ESPAZO NATURAL DE INTERESE LOCAL (ENIL) “MONTE DA PENA”
25/01/2022

O Pleno da Corporación acordou iniciar o procedemento para solicitarlle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a declaración do Espazo Natural de Interese Local “Monte da Pena”.

Polo tanto, exponse ao público dita proposta coa finalidade de que as persoas e entidades interesadas poidan presentar ante o Concello, no prazo dun mes, as suxestións e alegacións que xulguen oportunas.

 Ver o certificado de acordo

 Ver memoria descriptiva para a solicitude de declaración do ENIL

PROXECTO DE REHABILITACIÓN DO ESTALEIRO TRADICIONAL CIPRIÁN
12/01/2022

O proxecto de rehabilitación do Estaleiro tradicional Ciprián, na enseada de Broña, consiste na creación dun centro de interpretación e museístico que poña en valor a carpintería de ribeira para un uso cultural e educacional.

Co apoio económico do GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa sostible estase a rehabilitar integralmente a antiga carpintería de ribeira. Nela conservarase a esencia orixinal de todos os seus espazos: un espazo exterior cuberto de estrutura de madeira e 330 m2 de superficie, onde se construían as embarcacións, do que se recuperará a súa estrutura mediante o uso de madeira, e o Taller-Serradoiro, un espazo pechado de 117 m2 de superficie útil onde se cortaba e labraba a madeira e se creaban as maquetas das embarcacións, que se recuperará como novo espazo museístico formado por catro salas de exposicións: a de recepción, a polivalente, a de exposición permanente coa serra e resto de ferramentas en exhibición e a sala do motor Ayón.

imaxe GALP

PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES)
01/12/2021

O Concello de Outes ven de aprobar no seu pleno municipal o Plan de acción municipal para o clima e a enerxía sustentable. A elaboración e aprobación deste Plan é un factor fundamental na loita contra o cambio climático e tamén para o fomento do uso das enerxías renovables.

 Ver plan

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PROXECTO “PARQUE EÓLICO VAQUEIRA”
29/10/2021

O Concello de Outes publica, para a súa exposición pública, a documentación do proxecto Parque eólico Vaqueira”.

 Documentación do proxecto

 Xustificante de saída

 Máis información e documentación

ANUNCIO: ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL E A SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA PREVIA DO PARQUE EÓLICO SETE FONTES
18/10/2021

O Concello de Outes informa do anuncio da área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia, polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Sete Fontes de 54  MW e a súa infraestrutura de evacuación.

Ver anuncio no BOE

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PROXECTO “SOLUCIÓN DE EVACUACIÓN CONXUNTA DOS PARQUES EÓLICOS MARAGOUTO E BANZAS”
13/10/2021

O Concello de Outes publica, para a súa exposición pública, a documentación do proxecto “SOLUCIÓN DE EVACUACIÓN CONXUNTA DOS PARQUES EÓLICOS MARAGOUTO E BANZAS”

 Documentación do proxecto

 Xustificante de saída

 Acuse de recibo

 Máis información e documentación

ANUNCIO DE CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A CESIÓN DE USO DE PREDIOS RÚSTICOS MUNICIPAIS NO LUGAR DE GOSENDE, EN VALADARES
17/09/2021

O Concello de Outes anuncia unha convocatoria para a cesión de uso de predios rústicos municipais.

 Ver anuncio

MODIFICACIÓN DO PXOM PARA CHAN INDUSTRIAL
19/05/2021

O Concello de Outes informa que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental abríu o prazo de consultas no procedemento de avaliación ambiental estratéxica que inicia os trámites para modificar o PXOM de Outes, de cara a delimitar un novo sector urbanizable industrial.

 Máis información

MODELO DE CARTEL PEL-REACTIVA
23/03/2021

Segundo as obrigas das bases reguladoras das axudas PEL-Reactiva, poñemos a disposición dos negocios beneficiarios un modelo de cartel no que se fai pública a axuda da Deputación da Coruña e o Concello de Outes.

 Descargar cartel

DESPREGUE DA FIBRA ÓPTICA EN OUTES
23/02/2021

Segundo nos trasladan da empresa que está a realizar o despregue da fibra óptica no concello, do que é responsable Telefónica, nas últimas semanas realizáronse as obras de conexión nos lugares de Catasueiro, Áspera e Viro. O servizo aínda tardará en estar efectivo canto menos un mes. O plan segue coas obras de Villardigo, Cuns e Lagoa.

Por outra banda, os problemas de conexión na rúa da Capela, na Serra de Outes, tamén están sendo solucionados co que o servizo poderá ser efectivo proximamente.

Picar aquí para ver as previsións de despregue nos distintos lugares do concello.

MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DE LIXO
07/11/2020

O Concello de Outes publica o certificado de modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de recollida e tratamento de lixo.

 Ver certificado

LOCAL DE ENSAIO DO CONCELLO DE OUTES
14/10/2020

O Concello de Outes pon a disposición da cidadanía do concello e/ou xente vinculada ao mesmo cunha relación de traballo e/ou familia un espazo para o ensaio musical.

O local de ensaio está situado nunha aula do antigo colexio do Cruceiro de Roo e conta cun espazo insonorizado e dispón tamén dun almacén para gardar os instrumentos.

 Ver normas de uso do local de ensaio 

 Folla de solicitude do local de ensaio

DEPÓSITO DO LIXO NOS CONTEDORES
06/05/2020

A FEGAMP recomenda pechar as tapas dos contedores de lixo. As tapas deben permanecer pechadas por hixiene, para evitar cheiros, minimizar a proliferación de animais e insectos e por cuestións económicas.

A contaminación de coronavirus polo contacto directo coas tapas dos contedores pódese evitar co uso de luvas cando se vaia depositar o lixo, botando un xel hidroalcólico e lavando as mans con auga e xabón. Estas medidas son efectivas e evitan a exposición da poboación aos riscos sanitarios derivados de deixar as tapas dos contedores abertas.

Ver circular da FEGAMP

CAMPAÑA “ESTAMOS CONTIGO, A VIOLENCIA DE XÉNERO PARÁMOLA UNIDAS”
28/04/2020

Recursos de prevención da violencia de xénero en situación de confinamento polo COVID-19.

Máis información

MODIFICACIÓN NOS TRÁMITES PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS MENORES DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO NAS PROXIMIDADES DOS RÍOS
22/04/2020

O Concello de Outes anuncia que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou un novo decreto para facilitar a execución de obras menores de conservación e mantemento nas proximidades dos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

Trátase da modificación do Decreto 1/2015, do 15 de xaneiro, que aumenta os casos nos que se pode substituír o trámite de autorización polo de declaración responsable. Inclúense traballos menores na zona de policía dos ríos da demarcación Galicia-Costa, en xeral unha franxa de 100 metros a cada lado das canles dos ríos.

Este cambio no regulamento introduce ademais que os traballos menores do dominio público hidráulico ou na zona de policía poidan comezarse dende o mesmo momento da prestación da declaración responsable, o que axiliza a súa tramitación.

Descargar folleto informativo

CERTIFICADO DE ACORDO PLENARIO
03/04/2020

O Concello de Outes informa do acordo de aprobación do Plan Anual Normativo para o ano 2020.

Ver o certificado do acordo