Outes Dixital
Axenda local
NOVA
FESTAS SANTIAGUIÑO E SAN CRISTOVO 2026
NOVA
FESTIVAL DE DANZA E MOVEMENTO
Se vos apetece asistir a estas dúas citas en Pontenafonso e na Casa da Cultura estaríamos encantados de recibirvos... E pola tardiña a partires das oito e media... No Asteleiro Cipriàn de Broña... Para seguir ABANEANDO...
NOVA
VOLVE O AMAÑECER MUSICAL
A noite do 4 de xullo celebraremos na praia de Broña unha nova edición do “Amañecer Musical”.
O festival abrirao a BANDA de MÚSICA MUNICIPAL de Outes cun concerto de pop e rock. De seguido teremos as actuacións de MIGUEL COSTA, LG1DO, TIAM GZ e LISDEXIA. O fin de festa será a cargo dos DJs CÉSAR ALMENA, ALEX VIGO e BRENLLA.
4 de xullo, a partir das 22:30 h na praia de Broña.
NOVA
MINUTO DE SILENCIO EN APOIO AO POBO VENEZOLANO
Dende o Concello de Outes queremos solidarizarnos co pobo venezolano. Facemos unha chamada a veciñanza para compartir a súa dor. Mañá ás 12:00 h diante da Casa do Concello faremos un minuto de silencio en sinal de duelo.
NOVA
ATLÁNTICA: FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL
O Festival Atlántica, do cal o noso concello é concello colaborador, volta un ano máis a Outes.
Este ano teremos dúas actuacións:
- Contar, de Celso F. Sanmartín
Domingo 28 de xuño, ás 21:00 horas, na terraza do Centro Náutico do Freixo (en caso de chuvia, a actuación será dentro do propio Centro Náutico). Para público adulto.
- Contos do norte… e do sur, con Amaia Elizagoien e Irene Reina
Domingo 5 de xullo, ás 21:00 horas, no Espazo Museístico da Carpintaría de Ribeira, en Broña. Para público adulto.
Máis información en
festivalatlantica.gal
NOVA
VISITA AOS RECURSOS TURÍSTICOS DE OUTES: RUTAS DE VERÁN 2026
O Concello de Outes publica as datas das visitas aos recursos turísticos do concello que faremos durante os meses de xullo e agosto.
A inscrición é obrigatoria e abrirase o luns previo a cada andaina. Pode facerse cubrindo o formulario que encontrarás escaneando o código QR do cartel ou
premendo aquí.
NOVA
ACTIVIDADES DEPORTIVAS VERÁN 2026
O Concello de Outes presenta a oferta de actividades deportivas, do propio concello e dos clubs deportivos, para este verán 2026.
Ver cartel das actividades do concello
NOVA
XEIRA FIN DE CURSO COAS FAMILIAS
O sábado 20 de xuño celebramos na Horta do Muíño unha xornada festiva para toda a familia, con teatro, xogos, música e outras actividades.
As persoas que o desexen poderán traer a comida e pasar o día. Pódese facer reserva de sitio para xantar, antes do mércores 17, no formulario que xa temos habilitado.
NOVA
LETRAS GALEGAS 2026
O 17 de maio, día das Letras Galegas, celebrarase na Casa da Cultura de Outes o XXX certame de poesía Francisco Añón. Nel daranse a coñecer os gañadores desta edición e tamén se presentará o libro dos premiados na edición anterior e o libro do gañador da categoría F (maiores de 18 anos), Non plantaremos o millo en abril, de Víctor Pérez Estévez.
Ademais, as persoas que se acheguen á Casa da Cultura poderán ver a exposición Isaac Díaz Pardo: Luz e compromiso.
NOVA
ACTIVIDADES DE VERÁN NOS CENTROS SOCIAIS DE OUTES
O Concello de Outes oferta unha serie de actividades para este verán que se realizarán nos distintos centros sociais do Concello.
Máis información no teléfono 981 850 575.
Categorías
- cultura
- turismo
- deportes
- xeira fin de curso
- certame de poesía
- actividades
- centro social
- campamento de verán
- Outes Concilia
- Pampallín
- carreira pedestre
- Renatur_Outes
- andainas
- CIM
- 8M
- teatro
- Entroido
- festas
- Nadal
- 25N
- Cim
- SNL
- cursos
- Madrugadores
- actividades do CIM
- proxectos
- alimentación
- campaña de neve
- curso
- novas
- campamento
- CEO
- emprego


