Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
APROBACIÓN PROVISIONAL DA IMPOSICIÓN E ORDENACIÓN DA TAXA POR UTILIZACIÓN DE VIVENDAS MUNICIPAIS DESTINADAS A ALUGAMENTO SOCIAL
06/11/2024O Pleno do Concello de Outes, en sesión ordinaria celebrada o día 29 de outubro do 2024, acordou a aprobación provisional da imposición e ordenación da taxa por utilización de vivendas municipais destinadas a alugamento social. E en cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello [http://outes.sedelectronica.gal] e páxina web municipal [www.outes.gal].
Se transcorrido o devandito prazo non se presentaron reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o devandito Acordo.
APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN, NORMAS DE FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DAS VIVENDAS SOCIAIS MUNICIPAIS
06/11/2024Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día 29 de outubro de 2024 a Ordenanza municipal reguladora dos criterios de adxudicación, normas de funcionamento e utilización das vivendas sociais municipais, de conformidade cos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 56 do Texto Refundido de Réxime Local, sométese a información pública polo prazo de 30 días, a contar dende o día seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia para que poida ser examinada e presentar as reclamacións que se estimen oportunas.
Durante devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello [https://outes.sedelectronica.gal] e páxina web municipal [www.outes.gal].
No caso de non presentarse reclamacións no citado prazo, entenderase definitivamente aprobado o Acordo de aprobación da mencionada Ordenanza.
Categorías
- deportes
- subvencions
- axudas
- consulta pública
- Aula sostible do Freixo
- oferta de emprego
- técnico/a turismo
- anuncio
- vivenda social
- lixo
- comunicado
- concurso tapas
- madrugadores
- Outes Concilia
- subvencións
- Bando
- Madrugadores
- Brigada de incendios
- PXOM
- socorristas
- OEP
- Proceso de estabilización de emprego
- RISGA
- técnico medioambiente
- PEL
- campamentos
- APROL RURAL
- Escola Infantil Municipal
- arquitecto técnico
- Pampallín
- Licitación
- SAF
- CIM
- Entroido
- Resolución
- concesión cafetería
- actividades
- Nadal
- impostos
- SAT
- piscina
- PAI
- bando
- ADL
- formación
- ENIL
- proxecto
- PACES
- cim
- proxecto
- ordenanzas e regulamentos