Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
CAMPAMENTO DE VERÁN 2024: LISTAXE PROVISIONAL PERSOAS ADMITIDAS E LISTAXE PROVISIONAL DE AGARDA
05/06/2024Aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas, así como a listaxe provisional de agarda no Campamento de Verán 2024. A presentación de suxestións ou reclamacións poderá realizarse no prazo de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte ó desta publicación.
As persoas que figuran como admitidas con praza na listaxe provisional do Campamento de Verán 2024, punto primeiro da resolución, deberán formalizar o pago bancario no prazo comprendido entre o 6 e o 12 de xuño.
O pago formalizarase atendendo ao modelo informativo que figura na páxina web do concello, remitindo os xustificantes de pago por correo electrónico a cimoutes@yahoo.es.
As renuncias ás prazas deberán ser presentadas conforme ao modelo normalizado, ben por sede electrónica do Concello de Outes (https://outes.sedeelectronica.gal) ou de xeito presencial no rexistro xeral do Concello de Outes.
De non formalizarse dito proceso nas datas establecidas e conforme as condicións da convocatoria, decaerá o dereito á praza obtida que será ocupada polas persoas que figuran na listaxe de agarda do Campamento de Verán 2024.
CAMPAMENTO DE VERÁN 2023 DO PROGRAMA “OUTES CONCILIA”: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDAS/OS.
21/06/2023O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía coa listaxe definitiva de admitidas/os e de agarda no Campamento de Verán 2023 do Programa “Outes Concilia”.
CAMPAMENTO DE VERÁN 2023 DO PROGRAMA “OUTES CONCILIA”: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS/OS
07/06/2023O Concello de Outes publica o decreto de alcaldía coa listaxe provisional de admitidas/os e de agarda no Campamento de Verán 2023 do Programa “Outes Concilia”.
Documento informativo para formalizar o pago
Documento de renuncia á praza / solicitude de devolución do importe aboado
Categorías
- oferta de emprego
- axudas
- subvencións
- deportes
- subvencions
- anuncio
- Bando
- Outes Concilia
- Madrugadores
- madrugadores
- Brigada de incendios
- PXOM
- socorristas
- OEP
- Proceso de estabilización de emprego
- RISGA
- técnico medioambiente
- PEL
- campamentos
- APROL RURAL
- Escola Infantil Municipal
- arquitecto técnico
- Pampallín
- Licitación
- SAF
- CIM
- Entroido
- Resolución
- concesión cafetería
- actividades
- Nadal
- impostos
- SAT
- piscina
- PAI
- bando
- ADL
- formación
- ENIL
- proxecto
- PACES
- cim
- proxecto
- ordenanzas e regulamentos