Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
CONSULTA PÚBLICA PREVIA Á APROBACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA PROTECCIÓN DOS CAMIÑOS MUNICIPAIS EN RELACIÓN COAS OPERACIÓNS FORESTAIS E AGRÍCOLAS E A LIMPEZA DAS FINCAS LINDEIRAS
28/11/2024De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto da Ordenanza Municipal reguladora da protección dos camiños municipais en relación coas operacións forestais e agrícolas e a limpeza de fincas lindeiras, iníciase un proceso de consulta pública previa coa finalidade de mellorar a participación cidadá no procedemento de elaboración normativa e recoller opinións de persoas e organizacións potencialmente afectadas pola futura ordenanza municipal.
O obxectivo principal desta consulta pública é coñecer as opinións sobre diversos aspectos relacionados coa necesidade e impacto da futura normativa, especialmente aqueles vinculados aos problemas detectados, a oportunidade de implementar esta nova regulación, os obxectivos que se buscan alcanzar e as posibles alternativas dispoñibles. Os/as cidadáns/ás, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos durante o prazo de 10 días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Categorías
- deportes
- subvencions
- axudas
- consulta pública
- Aula sostible do Freixo
- oferta de emprego
- técnico/a turismo
- anuncio
- vivenda social
- lixo
- comunicado
- concurso tapas
- madrugadores
- Outes Concilia
- subvencións
- Bando
- Madrugadores
- Brigada de incendios
- PXOM
- socorristas
- OEP
- Proceso de estabilización de emprego
- RISGA
- técnico medioambiente
- PEL
- campamentos
- APROL RURAL
- Escola Infantil Municipal
- arquitecto técnico
- Pampallín
- Licitación
- SAF
- CIM
- Entroido
- Resolución
- concesión cafetería
- actividades
- Nadal
- impostos
- SAT
- piscina
- PAI
- bando
- ADL
- formación
- ENIL
- proxecto
- PACES
- cim
- proxecto
- ordenanzas e regulamentos