Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
BOLSAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL INFORMÁTICO ANO 2022
21/11/2022O Concello de Outes anuncia a convocatoria de axudas económicas para a adquisición do seguinte material informático: ordenadores portátiles, ordenadores de sobremesa e impresoras.
Poderán solicitar estas axudas todas/os as/os alumnos/as que durante o ano 2022 cursen estudos de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación profesional e Universidade, e cumpran os requisitos sinalados nas bases reguladoras da convocatoria.
Non poderán solicitar estas axudas aqueles alumnos/as que fosen beneficiarios/as das mesmas na convocatoria do ano 2021.
AXUDAS INDIVIDUAIS PARA A PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E A ACCESIBILIDADE
14/11/2022O Concello de Outes anuncia a convocatoria de axudas individuais para a promoción da autonomía persoal e a accesibilidade.
Poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia e/ou discapacidade ou a teñan solicitada con anterioridade a apertura do prazo de solicitude destas axudas e que acrediten a necesidade das actuacións solicitadas, e cumpran os requisitos sinalados nas bases reguladoras da convocatoria.