Servizos da casa do concello

Na Casa do Concello teñen a súa sede unha grande parte dos departamentos que traballan para o servizo e benestar dos cidadáns de Outes.

O edificio do concello, recentemente restaurado, está situado na Rúa da Vila, na Serra de Outes. Os teléfonos do Concello son o 981850003 e 981842400.

 

Área Administrativa

O persoal administrativo do Concello está á súa disposición para levar a cabo todo tipo de trámites de solicitudes, licencias, etc.

 

Arquitecto Técnico Municipal

O arquitecto técnico poderá resolver as súas dúbidas no relativo ao catastro e a licenzas de obras.

 

Punto de información catastral

Horario: de luns a venres, de 08:30 a 14:30 h.

Servizos dispoñibles:

  • Consulta de datos catastrais non protexidos, certificación do valor de referencia e certificación da referencia catastral
  • Consulta e certificación de datos catastrais protexidos, polo titular catastral, representante ou autorizado
  • Certificación negativa
  • Consulta polo titular catastral sobre información de solicitudes de axuda da PAC.

Taxa a aboar polo servizo:

  • Certificado literal: 2,00 €
  • Certificado descritivo e gráfico: 10,00 €

 

Policía Local

Horario de oficina: 9:00 - 21:00
Tlf: 649 42 90 68 - 981 850 350

 

Servizos Sociais

Os servizos sociais de atención primaria traballan para atender as necesidades de cada cidadán.

Servizo cofinanciado pola Xunta de Galicia Servizo cofinanciado poa Deputación da Coruña

 

Educadora Familiar

A Educadora familiar ten, entre outras, a responsabilidade de deseñar, planificacar, seguir e avaliar proxectos de intervención socioeducativa.

 

Servizo de Técnica de Igualdade de Xénero

Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento de técnicas/os de igualdade de xénero e axentes de igualdade de xénero no ano 2026 (FOAI/2026)

O programa FOAI/2026 é a asistencia económica ás entidades locais de menos de 20.000 habitantes, contribuíndo ao financiamento de técnicas/os de igualdade de xénero e axentes de igualdade de xénero para a dinamización e o desenvolvemento de políticas de igualdade, e coordinación coa Deputación da Coruña no marco do I Plan de acción das políticas de Igualdade de xénero na provincia de A Coruña 2019-2026.

O persoal técnico especializado encárgase de dinamizar no territorio as políticas públicas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e traballa a prol da erradicación da violencia de xénero.

 

Programa de axuda no fogar

Tres auxiliares de fogar municipais traballan neste programa.

 

Xulgado de Paz

O Xulgado de Paz, situado no baixo da Casa do Concello, ten as seguintes competencias:

  • Na Orde Penal, tramitar, celebrar e dictar sentencia en xuizos de faltas por feitos de pouca gravidade que ocorreran no Concello.
  • Na Orde Civil, tramitar, celebrar e dictar sentencia en asunto de cuantía inferior a 90 €.
  • Xestionar o Rexistro Civil, é dicir, celebrar bodas, inscribir nacementos, etc.

Teléfono: 981842470