Taboleiro de anuncios

PROBAS CELGA
16/09/2026

O Concello de Outes informa da convocatoria de probas Celga 2, 3 e 4.

Realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.

O prazo de presentación das solicitudes é do 17 de setembro ao 7 de outubro.

Máis información no  Portal da Lingua Galega ou no Servizo de Normalización Lingüística do Concello (barbara.carballo@outes.gal)

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CELGA
12/09/2025

O Concello de Outes informa da segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2025.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro de 2025 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid.

As datas concretas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será dende o día 15 de setembro ata o 6 de outubro.

Ver anuncio completo

Máis información: barbara.carballo@outes.gal