Anuncio

AMPLIACIÓN DE HORARIO POLA FESTA DO PAMPALLÍN NO CONCELLO DE OUTES

O Concello de Outes publica un bando para anunciar, con motivo da celebración da festa do Pampallín, a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, en todo o termo municipal, durante as noites do 30 de abril ao 1 de maio e do 1 ao 2 de maio de 2026.

Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria serán aqueles que conten con licenza municipal para actividade de hostalaría.

 Ver bando