Anuncio

BANDO: AMPLIACIÓN DE HORARIO POLA FESTA DO SAMAÍN

O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, en todo o termo municipal, durante as noites do 31 de outubro de 2025 ao 2 de novembro de 2025.

Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria con motivo da celebración da festa, serán aqueles que consten con licenza municipal para actividade de hostalaría.

 Ver bando