Anuncio
BANDO: AMPLIACIÓN DE HORARIO POLOS EVENTOS DE NADAL E A FESTA DA INMACULADA CONCEPCIÓN EN CAMBEIRO
O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, en todo o termo municipal durante as noites do 5 ao 6, 6 ao 7, 7 ao 8 e 8 ao 9 de decembro de 2025.
Os establecementos que se acollan á ampliación horaria con motivo da celebración das festas, serán aqueles que conten con licenza municipal para actividade de hostalaría.


