Anuncio
PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CELGA
O Concello de Outes informa da segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2025.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro de 2025 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid.
As datas concretas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será dende o día 15 de setembro ata o 6 de outubro.
Máis información: barbara.carballo@outes.gal