Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE
16/01/2023No DOG do 10 de xaneiro de 2023 publícase a convocatoria para participar nas probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. A superación destas probas permite a aquelas persoas que non posúan a titulación académica esixida poder acceder a formación con certificado de profesionalidade.
- Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 10 de febreiro de 2023
- Máis información e inscrición nas probas:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR306A ou contactar co Servizo de Orientación Laboral (en Outes: mércores, xoves e venres de 08:00 a 15:00 h).
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2022
04/05/2022O concello de Outes informa da apertura do prazo de inscrición no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2022.
A solicitude de inscrición e a información sobre os requisitos de participación e o procedemento de selección poden consultarse nos arquivos adxuntos.
O prazo de presentación de solicitudes remata o xoves 18 de maio de 2022.