Axenda local

19/05/2023
Gallery imx campamento veran 2023
Ico noticia NOVA

PROGRAMA “OUTES CONCILIA”: CAMPAMENTO DE VERÁN 2023

O Concello de Outes organiza, dentro do programa OUTES CONCILIA, o CAMPAMENTO DE VERÁN 2023, que se desenvolverá, en distintas quendas, entre o 22 de xuño e o 8 de setembro.

O campamento, que se levará a cabo no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes, está dirixido a nenos e nenas de 3 anos (escolarizados) a 16 anos.

As prazas son limitadas e o período de inscrición será do 23 ao 29 de maio.

 Condicións da convocatoria

 Folla de inscrición

 Consentimento para o tratamento de datos persoais

 Ver cartel

12/08/2022
Gallery imx madrugadores tardes divertidas 2022 23
Ico noticia NOVA

SERVIZOS DE MADRUGADORES E TARDES DIVERTIDAS 2022/2023

O Concello de Outes pon a disposición das familias outenses os servizos de conciliación “Madrugadores” e “Tardes Divertidas” para o curso 2022-2023, que forman parte do programa “Outes Concilia”.

Ámbolos dous servizos están destinados a nenas e nenos menores escolarizados no CEIP de Outes, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

 Máis información

 Folla de inscrición

 Folla de consentimento para o tratamento de datos personais