Outes Dixital
Axenda local


TEMPO DE ENTROIDO 2023
O Concello de Outes organiza o Campamento “TEMPO DE ENTROIDO”, dentro do programa Outes Concilia, destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos.
Esta actividade terá lugar os días 20 e 21 de febreiro, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.
O prazo de inscrición é do 6 ao 9 de febreiro.


CAMPAÑA DE NEVE 2023
A Deputación da Coruña pon en marcha a CAMPAÑA DE NEVE 2023 para nenos e nenas de entre 11 e 15 anos que estean empadroados nun concello da provincia da Coruña.
Ao Concello de Outes correspóndelle a 3° quenda, do 27 ao 30 de Xaneiro.
Outes conta con 5 prazas. De recibir máis de 5 solicitudes, farase un sorteo público coa presenza da secretaria municipal.
As inscricións presentaranse no Concello. O prazo de presentación remata o 15 de decembro.
Máis información na web https://www.dacoruna.gal/deportes ou no teléfono 981 080 319.


CLASIFICACIÓN DE TENIS 22/23
O Concello de Outes organiza unha clasificación de tenis que comezará o día 5 de decembro e rematará no mes de maio.
As persoas que desexen inscribirse deberán cubrir a inscrición e pagar a cota de 36 euros que custa a actividade.


ACTIVIDADES DE OUTONO E INVERNO 2022/2023
O Concello de Outes publica a oferta de actividades de cultura, deportes e do centro social para o outono e inverno 2022/2023.
As inscricións nas actividades debe facerse cubrindo a folla de inscrición e entregándoa no rexistro do Concello, ben de forma presencial ou a través da nosa sede electrónica.