Axenda
TEMPO DE PASCUA 2026
O Concello de Outes, a través do CIM (Centro de Información ás Mulleres), ofrécelles ás familias con menores de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos o servizo de conciliación “Tempo de Pascua 2026”, que forma parte do programa “Outes Concilia”.
Desenvolverase os días, 30 e 31 de marzo e o 1 e 6 de abril, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.
A inscrición permanecerá aberta desde o 10 ata o 16 de marzo. As prazas son limitadas.



