Outes Dixital
Axenda local
10/05/2024
NOVA
![Gallery imx campamento veran 2024](/uploads/gallery_imx_campamento_veran_2024.png)
![Ico noticia](/assets/recortes/ico-noticia-b1d8ec3c7047af7b0bd1c60d9475e18c.png)
PROGRAMA “OUTES CONCILIA”: CAMPAMENTO DE VERÁN 2024
O Concello de Outes organiza, dentro do programa OUTES CONCILIA, o CAMPAMENTO DE VERÁN 2024, que se desenvolverá, en distintas quendas, entre o 25 de xuño e o 10 de setembro.
O campamento está dirixido a nenos e nenas de 3 anos (escolarizados) a 16 anos.
As prazas son limitadas e o período de inscrición será do 13 ao 24 de maio.
Actuación financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdad.
Ver as condicións da convocatoria
Ver o documento informativo para a formalización do pago