Axenda local

03/03/2020
Gallery imx curso resina 2020
Ico noticia NOVA

CURSO FORMATIVO SOBRE TÉCNICAS DE EXTRACCIÓN DE RESINA

Curso teórico-práctico de 40 horas impartido por dous enxeñeiros forestais. O 30% das horas do curso serán de carácter teórico e o 70% práctico. Ao final do curso realizarase unha visita guiada a un aproveitamento resineiro activo.

Inscricións no teléfono do Concello 981 850 003 (Carlos Rodríguez, axente de emprego e desenvolvemento local) ou no enderezo electrónico carlos.rodriguez@outes.gal

03/03/2020
Gallery log cursos 2020
Ico noticia NOVA

ACCIÓN FORMATIVA

O Concello de Outes vai realizar dous novos cursos:

  • LINGUAXE DE SIGNOS E OUTRAS FERRAMENTAS PARA A COMUNICACIÓN o 17 de marzo
  • USO DA MEDICACIÓN E PRIMEIROS AUXILIOS o 25 de marzo

Ambos cursos están destinados á cidadanía en xeral e son gratuítos

Lugar de realización: Casa de Cultura de Outes
Horario: De 16:30 a 20:30 horas
Prazas limitadas.
Máis información e inscricións: Servizo de Orientación Laboral
Rúa da Capela nº 13 1º andar (Serra de Outes)
Atención ao público: mércores, xoves e venres