Outes Dixital
Axenda local


OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA
O Concello de Outes, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un obradoiro de defensa persoal destinado a mulleres maiores de 16 anos.
O obradoiro, que é gratuíto, realizarase o 25 de maio e prazo de inscrición é dende o 14 ao 21 de maio. As inscricións faranse no CIM (teléfono: 981 850 949 ou cim@outes.gal).


CAMPAMENTO DE VERÁN 2025
O Concello de Outes abre o prazo de inscrición para o Campamento de verán 2025 do Programa “Outes Concilia” desde as 9:00 horas do 28 de abril ás 14:00 horas do 12 de maio. Un total de 320 prazas, distribuídas en 6 quendas, estarán dispoñibles para as familias.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse conforme as bases e condicións específicas desta convocatoria a través dos modelos normalizados establecidos ao efecto na páxina web. Poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Outes (https://outes.sedelectrónica.gal), ou de xeito presencial no Rexistro do Concello de Outes (horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres).
Bases e condicións do Campamento de Verán 2025


TEMPO DE PASCUA 2025. OUTES CONCILIA
O Concello de Outes organiza o servizo de conciliación “TEMPO DE PASCUA”, do programa Outes Concilia, destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos. Dito servizo desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.
O prazo de inscrición é do 24 de marzo ao 3 de abril.


TEMPO DE NADAL
O Concello de Outes abre o prazo de inscrición para o Servizo Tempo de Nadal 2024-25, que se enmarca dentro do programa Outes Concilia.
O prazo de inscrición é dende o 2 ata o 12 de decembro. As prazas son limitadas.


25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL PARA LA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Con motivo da celebración do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Outes levará a cabo unhas actividades conmemorativas.
O sábado 23, baixo o título VOCES EN FEMININO, OUTES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, terá lugar na Casa da Cultura un acto onde a música será a protagonista, e o día 25, ás 12:30 horas, haberá unha concentración diante da Casa do Concello.


ESPELLOS ÍNTIMOS: OBRADOIRO
O Concello de Outes colabora na actividade "Espellos Íntimos" organizada pola Deputación da Coruña. Trátase dun obradoiro práctico, sobre a maternidade e os coidados, destinado a mulleres de distintas xeracións.
Máis información e inscricións no CIM de Outes, teléfono 981 850 949.


LIBERDADE DE SER E SENTIR!
O Concello de Outes adhírese, un ano máis, con motivo da conmemoración do 28 de xuño "día da diversidade sexual" á campaña "LIBERDADE DE SER E SENTIR!" impulsada desde Igualdade de xénero da Deputación da Coruña. Un traballo colaborado e participado co obxectivo de visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais da que poden formar parte todos aqueles concellos, entidades sociais, educativas e/ou empresariais interesadas.