Axenda
CAMPAMENTO DE VERÁN 2026
O Concello de Outes abre o prazo de inscrición para o Campamento de verán 2026 do Programa “Outes Concilia” desde as 9:00 horas do 16 de abril ás 14:00 horas do 29 de abril. Un total de 320 prazas, distribuídas en 6 quendas, estarán dispoñibles para as familias con menores desde os 3 anos (escolarizados) ata os 16 anos.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse conforme as bases e condicións específicas desta convocatoria a través dos modelos normalizados establecidos ao efecto na páxina web. Poden presentarse de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Outes (https://outes.sedelectronica.gal) ou de xeito presencial no Rexistro do Concello de Outes (horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres).
Ver bases e condicións do Campamento de Verán 2026


