Outes Dixital
Axenda local


CAMPAMENTO DE VERÁN 2025: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS/OS
O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidas/os, de agarda e requirimentos de documentación.
Cronograma maio e xuño Campamento de Verán 2025
Decreto 2025-0352: Lista provisional agarda e requirimentos Camapamento de Verán 2025
Documento informativo para formalizar o pago Campamento de Verán 2025
Folla renuncia campamento Verán 2025


OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA
O Concello de Outes, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un obradoiro de defensa persoal destinado a mulleres maiores de 16 anos.
O obradoiro, que é gratuíto, realizarase o 25 de maio e prazo de inscrición é dende o 14 ao 21 de maio. As inscricións faranse no CIM (teléfono: 981 850 949 ou cim@outes.gal).


CAMPAMENTO DE VERÁN 2025
O Concello de Outes abre o prazo de inscrición para o Campamento de verán 2025 do Programa “Outes Concilia” desde as 9:00 horas do 28 de abril ás 14:00 horas do 12 de maio. Un total de 320 prazas, distribuídas en 6 quendas, estarán dispoñibles para as familias.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse conforme as bases e condicións específicas desta convocatoria a través dos modelos normalizados establecidos ao efecto na páxina web. Poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Outes (https://outes.sedelectrónica.gal), ou de xeito presencial no Rexistro do Concello de Outes (horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres).
Bases e condicións do Campamento de Verán 2025


TEMPO DE PASCUA 2025. OUTES CONCILIA
O Concello de Outes organiza o servizo de conciliación “TEMPO DE PASCUA”, do programa Outes Concilia, destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos. Dito servizo desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.
O prazo de inscrición é do 24 de marzo ao 3 de abril.
Categorías
- Campamento de verán
- actividades do CIM
- actividades do CIM
- campamento de verán
- deportes
- carreira pedestre
- Pampallín
- proxectos
- alimentación
- cultura
- andainas
- Outes Concilia
- 8M
- teatro
- Entroido
- Tempo de Entroido
- certame de poesía
- Madrugadores
- actividades
- CIM
- 25N
- campaña de neve
- curso
- centro social
- festas
- novas
- campamento
- CEO
- emprego