Agenda local

08/10/2026
Gallery imx outes e cultura web
Ico noticia NOTICIA

OUTES É CULTURA

O Concello de Outes presenta a súa programación expandida para este outono-inverno.

 Ver cartel

18/09/2026
Gallery imx escolas deportivas 26 27
Ico noticia NOTICIA

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

O Concello de Outes, en colaboración coas diferentes entidades deportivas de Outes,  oferta unha serie de actividades deportivas que se levarán a cabo durante os meses de outono e inverno.

 Ver cartel

A folla de inscrición pode descargarse dende Descarga de impresos

10/09/2026
Gallery imx cursos piscina 26 27 10092026
Ico noticia NOTICIA

ACTIVIDADES DA PISCINA MUNICIPAL DE OUTES

O Concello de Outes oferta unha serie de actividades deportivas que se levarán a cabo na piscina municipal durante este outono e inverno.

O 19 de setembro abrirá o prazo de inscrición das distintas actividades para as persoas aboadas. As persoas non aboadas poderán inscribirse a partir do día 23 de setembro.

 Ver cartel

31/08/2026
Gallery imx actividades cuadrimestre 1 2026 27
Ico noticia NOTICIA

ACTIVIDADES DOS CENTROS SOCIAIS DE OUTES

O Concello de Outes oferta unha serie de actividades cuadrimestrais que se realizarán nos distintos centros sociais do Concello.

Anotarse no Centro Social da Serra a partir do 21 de setembro.

 Ver cartel

24/08/2026
Gallery imx rutas outono 2026 web
Ico noticia NOTICIA

COÑECE O NOSO PATRIMONIO: RUTAS DE OUTONO 2026

O Concello de Outes publica un novo ciclo de rutas culturais que se desenvolverán este outono para coñecer o noso patrimonio da man dun experto.

A inscrición é gratuíta e obrigatoria e abrirase o luns previo a cada andaina. Para inscribirse hai que cubrir o formulario ao que se pode acceder escaneando o código QR do cartel ou premendo aquí.

 Ver cartel

21/08/2026
Gallery imx outes a escena 2026 2027
Ico noticia NOTICIA

OUTES A ESCENA 2026-2027

Outes a Escena é a programación de espectáculos de artes escénicas que, durante as fins de semana dos meses de setembro do 2026 ata xaneiro do 2027, se representarán no auditorio da Casa da Cultura de Outes. Teremos un total de 19 representacións para tódolos públicos.

As entradas saíran á venda na plataforma habilitada 15 días antes da representación e o luns previo tamén estarán dispoñibles as reservadas para a venda presencial na Casa da Cultura.

Establecemos tamén os seguintes bonos:

  • Bono Xeral: dará acceso a todas as obras para adultos e ten un prezo de 25,90 €.
  • Bono Miúdo: para as obras para o público infantil e familiar. O prezo é de 25,20 €.
  • Bono 1ª Infancia: para acceso ás obras para idades de 0 a 3 anos (1ª Infancia) e cun prezo de 9,10 €.

Todos eles poderán solicitarse na Casa da Cultura de Outes a partir do 20 de agosto.

 Ver cartel

 Ver obras incluídas no Bono Xeral

 Ver obras incluídas no Bono Miúdo

 Ver obras incluídas no Bono 1ª Infancia

 Condicións de adquisición de entradas e bonos

Plataforma de venda de entradas (bandoticket.com)

14/08/2026
Gallery imx servizo madrugadores 2026 27
Ico noticia NOTICIA

MADRUGADORES 2026-27

O Concello de Outes abre o prazo de inscrición, para o curso 2026-2027, do servizo de “Madrugadores”, que forma parte do programa “Outes Concilia”.

O servizo, que se iniciará o día 9 de setembro, levarase a cabo durante todo período lectivo do curso escolar 2026-2027, en horario de 7:50 horas ata o inicio das clases.

As prazas son limitadas.

 Ver cartel

 Máis información

 Folla de inscrición

  Formulario de consentimento para o tratamento de datos persoais

28/07/2026
Gallery imx charla eclipse 28072026
Ico noticia NOTICIA

O ASTRO QUE SE AGOCHA DETRÁS DA LÚA: CHARLA DIVULGATIVA SOBRE A ECLIPSE SOLAR

O vindeiro venres 7 de agosto terá lugar na Casa da Cultura de Outes unha charla divulgativa sobre a eclipse solar impartida polo astrofísico, nado en Outes, Martín M. Gómez Míguez.

Venres 7 de agosto, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Outes. Entrada gratuíta ata completar aforamento.

As persoas asistentes levarán de agasallo unhas gafas homologadas para ver a eclipse.

 Ver cartel

14/07/2026
Gallery festas santiagui o 2026
Ico noticia NOTICIA

FESTAS SANTIAGUIÑO E SAN CRISTOVO 2026

Xa temos cartel para o Santiaguiño e o San Cristovo

Ver Cartel

09/07/2026
Gallery abanea rrss
Ico noticia NOTICIA

FESTIVAL DE DANZA E MOVEMENTO

Se vos apetece asistir a estas dúas citas  en Pontenafonso e na Casa da Cultura estaríamos encantados de recibirvos... E pola tardiña a partires das oito e media...  No Asteleiro Cipriàn de Broña... Para seguir ABANEANDO...