Axenda local

28/07/2026
Gallery imx charla eclipse 28072026
Ico noticia NOVA

O ASTRO QUE SE AGOCHA DETRÁS DA LÚA: CHARLA DIVULGATIVA SOBRE A ECLIPSE SOLAR

O vindeiro venres 7 de agosto terá lugar na Casa da Cultura de Outes unha charla divulgativa sobre a eclipse solar impartida polo astrofísico, nado en Outes, Martín M. Gómez Míguez.

Venres 7 de agosto, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Outes. Entrada gratuíta ata completar aforamento.

As persoas asistentes levarán de agasallo unhas gafas homologadas para ver a eclipse.

 Ver cartel

14/07/2026
Gallery festas santiagui o 2026
Ico noticia NOVA

FESTAS SANTIAGUIÑO E SAN CRISTOVO 2026

Xa temos cartel para o Santiaguiño e o San Cristovo

Ver Cartel

09/07/2026
Gallery abanea rrss
Ico noticia NOVA

FESTIVAL DE DANZA E MOVEMENTO

Se vos apetece asistir a estas dúas citas  en Pontenafonso e na Casa da Cultura estaríamos encantados de recibirvos... E pola tardiña a partires das oito e media...  No Asteleiro Cipriàn de Broña... Para seguir ABANEANDO...

29/06/2026
Gallery imx amanecer musical 2026
Ico noticia NOVA

VOLVE O AMAÑECER MUSICAL

A noite do 4 de xullo celebraremos na praia de Broña unha nova edición do “Amañecer Musical”.

O festival abrirao a BANDA de MÚSICA MUNICIPAL de Outes cun concerto de pop e rock. De seguido teremos as actuacións de MIGUEL COSTA, LG1DO, TIAM GZ e LISDEXIA. O fin de festa será a cargo dos DJs CÉSAR ALMENA, ALEX VIGO e BRENLLA.

4 de xullo, a partir das 22:30 h na praia de Broña.

 Ver cartel

25/06/2026
Gallery 682e646b 4b9a 4039 b18d 7f26a4da338f
Ico noticia NOVA

MINUTO DE SILENCIO EN APOIO AO POBO VENEZOLANO


Dende o Concello de Outes queremos solidarizarnos co pobo venezolano. Facemos unha chamada a veciñanza para compartir a súa dor. Mañá ás 12:00 h diante da Casa do Concello faremos un minuto de silencio en sinal de duelo.

Ver cartel

 

25/06/2026
Gallery imx festival atlantica 2026
Ico noticia NOVA

ATLÁNTICA: FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL

O Festival Atlántica, do cal o noso concello é concello colaborador, volta un ano máis a Outes.

Este ano teremos dúas actuacións:

  • Contar, de Celso F. Sanmartín

Domingo 28 de xuño, ás 21:00 horas, na terraza do Centro Náutico do Freixo (en caso de chuvia, a actuación será dentro do propio Centro Náutico). Para público adulto.

 Ver cartel

  • Contos do norte… e do sur, con Amaia Elizagoien e Irene Reina

Domingo 5 de xullo, ás 21:00 horas, no Espazo Museístico da Carpintaría de Ribeira, en Broña. Para público adulto.

 Ver cartel

Máis información en  festivalatlantica.gal

25/06/2026
Gallery imx rutas veran 2026 web
Ico noticia NOVA

VISITA AOS RECURSOS TURÍSTICOS DE OUTES: RUTAS DE VERÁN 2026

O Concello de Outes publica as datas das visitas aos recursos turísticos do concello que faremos durante os meses de xullo e agosto.

A inscrición é obrigatoria e abrirase o luns previo a cada andaina. Pode facerse cubrindo o formulario que encontrarás escaneando o código QR do cartel ou  premendo aquí.

 Ver cartel

16/06/2026
Gallery imx actividades deportes veran 2026
Ico noticia NOVA

ACTIVIDADES DEPORTIVAS VERÁN 2026

O Concello de Outes presenta a oferta de actividades deportivas, do propio concello e dos clubs deportivos, para este verán 2026.

 Ver cartel das actividades do concello

 Ver cartel das actividades dos clubs deportivos

 Folla de inscrición para deportes de raqueta

11/06/2026
Gallery imx xeira 2026 web
Ico noticia NOVA

XEIRA FIN DE CURSO COAS FAMILIAS

O sábado 20 de xuño celebramos na Horta do Muíño unha xornada festiva para toda a familia, con teatro, xogos, música e outras actividades.

As persoas que o desexen poderán traer a comida e pasar o día. Pódese facer reserva de sitio para xantar, antes do mércores 17, no formulario que xa temos habilitado.

 Ver cartel

 Reserva de sitio para xantar

15/05/2026
Gallery imx cartel letras galegas 2026
Ico noticia NOVA

LETRAS GALEGAS 2026

O 17 de maio, día das Letras Galegas, celebrarase na Casa da Cultura de Outes o XXX certame de poesía Francisco Añón. Nel daranse a coñecer os gañadores desta edición e tamén se presentará o libro dos premiados na edición anterior e o libro do gañador da categoría F (maiores de 18 anos), Non plantaremos o millo en abril, de Víctor Pérez Estévez.

Ademais, as persoas que se acheguen á Casa da Cultura poderán ver a exposición Isaac Díaz Pardo: Luz e compromiso.

 Ver cartel