Axenda

Gallery imx outes a escena 2026 2027

OUTES A ESCENA 2026-2027

Outes a Escena é a programación de espectáculos de artes escénicas que, durante as fins de semana dos meses de setembro do 2026 ata xaneiro do 2027, se representarán no auditorio da Casa da Cultura de Outes. Teremos un total de 19 representacións para tódolos públicos.

As entradas saíran á venda na plataforma habilitada 15 días antes da representación e o luns previo tamén estarán dispoñibles as reservadas para a venda presencial na Casa da Cultura.

Establecemos tamén os seguintes bonos:

  • Bono Xeral: dará acceso a todas as obras para adultos e ten un prezo de 25,90 €.
  • Bono Miúdo: para as obras para o público infantil e familiar. O prezo é de 25,20 €.
  • Bono 1ª Infancia: para acceso ás obras para idades de 0 a 3 anos (1ª Infancia) e cun prezo de 9,10 €.

Todos eles poderán solicitarse na Casa da Cultura de Outes a partir do 20 de agosto.

 Ver cartel

 Ver obras incluídas no Bono Xeral

 Ver obras incluídas no Bono Miúdo

 Ver obras incluídas no Bono 1ª Infancia

 Condicións de adquisición de entradas e bonos