Anuncio

SELECCIÓN DE PERSOAL: CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE 1 AUXILIAR ADMINISTRATIVO PARA O CONCELLO DE OUTES PARA PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

O concello de Outes publica as bases e convocatoria que rexerán o proceso selectivo para a contratación dunha persoa como auxiliar administrativo no concello de Outes. A contratación, de 9 meses de duración e cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, está reservada a persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e que deben cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ter feitos os 18 anos e non superar os 29 anos (idade máxima que establece a normativa vixente do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil).
  • Estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, como demandantes non ocupadas e estar dispoñibles para o emprego.
  • Contar co Graduado en ESO.
  • Ter solicitado o posto de auxiliar administrativo na súa demanda de emprego.
  • Estar inscritas como beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Non ter traballado ou recibido accións educativas ou formativas o día natural anterior á data da selección e á da sinatura do contrato.

A solicitude de persoas candidatas realizarase na Oficina de Emprego Santiago Norte.

 Máis información