Anuncio
SELECCIÓN DE AXENTE DE IGUALDADE - ANUNCIO PUNTUACIÓNS DA PROBA ESCRITA
Por medio da presente procédese á publicación do Acordo do Tribunal de selección polo que se aproba a puntuación do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso de selección dunha Axente de Igualdade, consistente na resolución dun suposto teórico-práctico.
Para garantir a transparencia do proceso selectivo, faise pública a relación de respostas correctas correspondentes á primeira parte (exame tipo test) e os criterios de corrección da segunda parte (suposto práctico), como Anexo ao presente Anuncio.