Axenda
O ASTRO QUE SE AGOCHA DETRÁS DA LÚA: CHARLA DIVULGATIVA SOBRE A ECLIPSE SOLAR
O vindeiro venres 7 de agosto terá lugar na Casa da Cultura de Outes unha charla divulgativa sobre a eclipse solar impartida polo astrofísico, nado en Outes, Martín M. Gómez Míguez.
Venres 7 de agosto, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Outes. Entrada gratuíta ata completar aforamento.
As persoas asistentes levarán de agasallo unhas gafas homologadas para ver a eclipse.


