Axenda
ATLÁNTICA: FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL
O Festival Atlántica, do cal o noso concello é concello colaborador, volta un ano máis a Outes.
Este ano teremos dúas actuacións:
- Contar, de Celso F. Sanmartín
Domingo 28 de xuño, ás 21:00 horas, na terraza do Centro Náutico do Freixo (en caso de chuvia, a actuación será dentro do propio Centro Náutico). Para público adulto.
- Contos do norte… e do sur, con Amaia Elizagoien e Irene Reina
Domingo 5 de xullo, ás 21:00 horas, no Espazo Museístico da Carpintaría de Ribeira, en Broña. Para público adulto.
Máis información en
festivalatlantica.gal


