Axenda
XEIRA FIN DE CURSO COAS FAMILIAS
O sábado 20 de xuño celebramos na Horta do Muíño unha xornada festiva para toda a familia, con teatro, xogos, música e outras actividades.
As persoas que o desexen poderán traer a comida e pasar o día. Pódese facer reserva de sitio para xantar, antes do mércores 17, no formulario que xa temos habilitado.


