Axenda
RENATUR_OUTES: XORNADA FINAL DE PRESENTACIÓN DE RESULTADOS
Tras tres anos de traballo, investigación e colaboración entre universidades, Concello de Outes, a Fundación CEER e Montescola, o proxecto Renatur_Outes chega ao seu peche.
O vindeiro 27 de marzo terá lugar na Casa da Cultura a xornada final de presentación de resultados onde se compartirá con toda a veciñanza aprendizaxes, impacto ambiental e retos de futuro.


