Axenda

Gallery xornada de rio aberto

XORNADA DE RIO ABERTO

Logo de tres anos de andadura do proxecto ReNatur_Outes, as entidades promotoras e a veciñanza de Outes séntanse para mirar atrás, rever os logros desta iniciativa para a recuperación ambiental do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano, e trazar unha folla de ruta para continuar avanzando na conservación, restauración e posta en valor do río Tins e a súa conca fluvial.


A xornada terá lugar o venres 30 de xaneiro, comezando ás 16:00 na Casa da Cultura da Serra de Outes cun café de benvida, seguido dunha visita á zona de ribeira, onde se inaugurará o “bosque comestible” e varios paneis interpretativos que explican a importancia do río e os resultados do proxecto nestes últimos anos. A partir das 18:00, xa de volta na Casa da Cultura, terá lugar a última sesión de gobernanza do proxecto, que finaliza a finais de marzo. A seguir, convidarase a todas as presentes a trazar unha folla de ruta para os próximos 5 anos e a definir un marco de cooperación para a súa posta en práctica.

A participación no evento é aberta a todo o público mais solicítase inscrición previa, pois ao final da sesión ofreceranse uns petiscos de despedida. Pódese confirmar presenza enviando un email a info@montescola.org ou presencialmente na Casa do Concello de Outes.

Máis información da xornada: https://renatur.outes.gal/archivos/1040

 Ver cartel