Axenda

GALEGO PARA ADOLESCENTES (GPA), DE AVELINO GONZÁLEZ
O Concello de Outes, a través do Servizo de Normalización Lingüística, achégalle ao alumnado do IES Poeta Añón, o próximo 23 de setembro, un espectáculo do actor e contador Avelino González.
O monólogo é un convite ao optimismo lingüístico, que presenta a lingua galega como o que é: unha lingua que expresa ideas, emocións e sensacións ao seu xeito.