Anuncio
SINTONIZACIÓN DO TELEVISOR PARA PODER VER AS CANLES DE ÁMBITO NACIONAL EN UHD
O Concello de Outes informa que a partir deste xoves 5 de novembro deberán sintonizarse os televisores para poder ver en alta definición as principais canles de ámbito estatal da TDT.
No caso de non levar a cabo esta nova sintonización, poderanse seguir vendo os contidos en HD como ata agora, pero algunhas canles poderían cambiar de posición ou non verse.


