Anuncio
IV GALA DO DEPORTE: BASES
O Concello de Outes convoca a IV Gala do Deporte, que ten por obxectivo principal recoñecer e premiar publicamente o labor de persoas e entidades que desenvolvan a súa actividade no Concello de Outes e que destaquen dalgunha maneira pola súa traxectoria deportiva, logros ou contribución ao fomento deportivo do noso concello.


