Anuncio
SUBVENCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL
O Concello de Outes vén de recibir unha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais, e cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 (as axudas recollidas nesta convocatoria están cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea).
Esta contratación para o posto de auxiliar administrativo permitirá á persoa moza, contratada durante 9 meses a xornada completa, adquirir competencias laborais e persoais que lle axuden a incorporarse de novo ao mercado laboral unha vez finalizada a contratación, cun mellor perfil profesional adquirido a través da práctica profesional.



