Anuncio

CURSOS PREPARATORIOS DE CELGA E LINGUAXE ADMINISTRATIVA

O Concello de Outes informa que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27.

O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:

  • Desde o 29 de xuño ata o 10 de xullo de 2026, para os cursos do primeiro cuadrimestre.
  • Desde o 2 ata o 13 de novembro de 2026, para os cursos do segundo cuadrimestre.

Os cursos do primeiro cuadrimestre comezarán o día 28 de setembro de 2026 e rematarán o 29 de novembro de 2026.

Os cursos do segundo cuadrimestre comezarán o día 18 de xaneiro de 2027 e rematarán o 4 de abril de 2027.

 Máis información no DOG