Anuncio
PROBAS CELGA 2026
O Concello de Outes informa de que a Xunta de Galicia vén de convocar as probas dos distintos niveis Celga que terán lugar entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia: do 16 de marzo ao 8 de abril.
Ante calquera dúbida, contactar con Bárbara no Concello (981 850 003) ou a través do correo barbara.carballo@outes.gal.


