Anuncio

XORNADA INFORMATIVA SOBRE AS AXUDAS LEADER 2026

O Concello de Outes xunto co GDR Deloa organiza unha xornada informativa sobre as axudas Leader 2026. Contaremos coa presenza do equipo técnico do GDR Deloa e coa Asociación Adisbismur e o Restaurante O Secadeiro, que foron beneficiarios destas axudas. Se tes un proxecto emprendedor, es unha empresa que precisa facer un investimento ou es unha asociación, podes acceder a estas axudas.

Será o vindeiro mércores 25 de febreiro ás 18:00 horas no Centro Social de Outes.

Inscricións no enderezo electrónico carlos.rodriguez@outes.gal ou mandando un WhatsApp ao teléfono 652 874 291.

Ao final da xornada organizaremos un pequeno aperitivo no que poderedes compartir dúbidas ou consultas persoalmente cos técnicos/as e con beneficiarios destas axudas noutros anos.

 Ver cartel