Anuncio
SERVIZO DE RENOVACIÓN DE DNI E PASAPORTE
Este Concello, en colaboración coa Policía Nacional, participa na posta en funcionamento do Vehículo Integral de Documentación. A través deste servizo facilítase a expedición e renovación do Documento Nacional de Identidade así como do pasaporte no noso Concello durante o ano 2026, previa inscrición presencial ou por vía telefónica nas oficinas municipais do Concello de Outes (981850003).


