Anuncio
BANDO: AMPLIACIÓN DE HORARIO POLA FESTA DE SAN MIGUEL EN VALADARES
O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, na parroquia de San Miguel de Valadares durante a noite do 22 ao 23 de novembro de 2025.
Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria con motivo da celebración da festa, serán aqueles que conten con licenza municipal para actividade de hostalaría.


