Anuncio

BANDO: AMPLIACIÓN DE HORARIO POLAS FESTAS DO CARME DO FREIXO, O SACRAMENTO DE CUNS E O SOCORRO DE MIRÁS

O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, nas parroquias de San Xoán de Sabardes e San Tirso de Cando, durante a noite do 6 de setembro a 7 de setembro de 2025 e San Pedro de Outes durante a noite do 7 de setembro a 8 de setembro de 2025.

Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria con motivo da celebración das festas, serán aqueles que consten con licenza municipal para actividade de hostalaría.

 Ver bando