Anuncio

PUNTUACIÓN FINAL DO PROCESO DE SELECCIÓN DUN AXENTE DE IGUALDADE

Mediante a presente, procédese á publicación do Acordo do Tribunal de Selección de data 15 de xullo do 2025 relativo ao proceso selectivo para a cobertura dunha praza de Axente de Igualdade do Concello de Outes.

A aspirante que obtivo a mellor puntuación, Dª XIOMARA LAZO FUENTES é proposta para a contratación polo que deberá presentar, no prazo improrrogable de tres días hábiles, a seguinte documentación:

  • Certificado médico ou informe de saúde que acredite non padecer enfermidade ou limitación física ou psíquica que impida o normal desenvolvemento das tarefas correspondentes ao posto ofertado.
  • Declaración xurada de non ter sido separada mediante expediente disciplinario do servizo do Estado, Comunidades Autónomas ou Entidades Locais, nin atoparse inhabilitada para o exercicio de funcións públicas.

De non presentar a documentación requirida no prazo indicado, entenderase que renuncia ao posto, procedéndose conforme ás bases do proceso selectivo.

 Ver anuncio