Anuncio

PROXECTO DE REHABILITACIÓN DO ESTALEIRO TRADICIONAL CIPRIÁN

O proxecto de rehabilitación do Estaleiro tradicional Ciprián, na enseada de Broña, consiste na creación dun centro de interpretación e museístico que poña en valor a carpintería de ribeira para un uso cultural e educacional.

Co apoio económico do GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa sostible estase a rehabilitar integralmente a antiga carpintería de ribeira. Nela conservarase a esencia orixinal de todos os seus espazos: un espazo exterior cuberto de estrutura de madeira e 330 m2 de superficie, onde se construían as embarcacións, do que se recuperará a súa estrutura mediante o uso de madeira, e o Taller-Serradoiro, un espazo pechado de 117 m2 de superficie útil onde se cortaba e labraba a madeira e se creaban as maquetas das embarcacións, que se recuperará como novo espazo museístico formado por catro salas de exposicións: a de recepción, a polivalente, a de exposición permanente coa serra e resto de ferramentas en exhibición e a sala do motor Ayón.

imaxe GALP